Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA
ASEMBLEAS
CONSULTAS
COLEXIARSE
O COLEXIO
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
LEXISLACIÓN
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
     
   

           
  
 
SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL (XUNO 2017)

O colectivo colexial vén de actualizar a póliza de seguro de responsabilidade civil xeral coa aseguradora CASER, que estará en vigor ata maio de 2018. Este seguro cobre as actividades desenvolvidas polos colexiados en aplicación das ciencias da actividade física e o deporte. En particular asegura a responsabilidade civil xeral, a profesional, a patrimonial e tamén responde en cuestións de defensa xurídica, deportes perigosos, protección de datos, etc. Para máis información, podes consultar as condicións particulares

 
ENQUISA SOBRE EMPREGO PARA TITULADOS CCAFD


Animádevos a participar nesta enquisa coordinada polo Consejo COLEF para coñecer a situación real do mercado laboral e de emprego dos titulados superiores en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Coñecendo en profundidade estes datos seranos máis fácil dirixir os nosos esforzos como Colexio a mellorar a profesión e a defendervos a cada un de vos.

Este é o enlace no que podedes aportar as vosas respostas ao cuestionario: https://goo.gl/forms/zZPlO8kUkl1GjNV42. E ademais entraredes no sorteo de material deportivo do grupo Jim Sports, só por participar.


 
CONVERSAS CON...OLALLA VILELA (XUNO 2017)

Olalla Vilela vén de inaugurar con Diego Fariña o centro SaúdeTraining na Coruña, que se caracteriza por unha variada carta de servizos pero, sobre todo, por apostar por un plantel de profesionais titulados en CCAFD e colexiados. Deste xeito garanten a calidade do seu traballo, que consideran fundamental no campo da saúde polo que ten de fomento dos hábitos saudables entre a poboación. O seu lema é "todo parece imposible ata que se fai".       

Acceder á conversa

 
COLABORACION COLEF-JIM SPORTS

O presidente e o xerente do COLEF Galicia, Henrique Xoán Rodríguez Pantín e Roberto Silva, e o presidente do Consejo COLEF, Vicente Gambau, reuníronse co colexiado Jim Graña, responsable do grupo empresarial Jim Sports, para avanzar cara á colaboración en futuras actuacións.

O COLEF quere agradecer a excelente disposición de Jim Sports para traballar xuntos na promoción do deporte. Este é o camiño. Iremos informando das iniciativas que se vaian concretando.


 
CONVERSAS CON...EDGARDO MARTINEZ (MAIO 2017)

O colexiado Edgardo Martínez é un firme defensor do deporte feminino. Considera que é aquí onde está o futuro do deporte porque é máis limpo e non ten a corrupción que moitas veces afecta ao masculino. A plataforma Sywom que vén de poñer en marcha pretende ser, precisamente, un espazo de encontro para as mulleres deportistas, non só de elite, senón tamén de base. Nela poden atopar información de interese, compartir experiencias e mesmo crear grupos de traballo. Sywom quere ser tamén un lugar onde atopar emprego ou formación en relación co deporte feminino.    

Acceder á conversa

 
O COLEF NECESITA EDUCADORES FISICOS
 

O COLEF Galicia necesita educadores físicos (titulados universitarios) para dous eventos nos que vai participar: a Feira da Saúde de Ourense os días 30 e 31 de maio e o Día do Deporte Solidario en Santiago o 3 de xuño. Trátase de atender o stand e realizar probas de valoración funcional. 

Formalizarase contrato laboral ou por prestación de servizos profesionais polos días acordados, e cubriranse os gastos de manutención. Os interesados podedes cubrir o formulario e enviar os documentos necesarios á dirección Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

 
PROXIMOS EVENTOS NOS QUE ESTAREMOS PRESENTES

30-31 de maio. Feira da Saúde

OURENSE

3 de xuño. Día Deporte Solidario

SANTIAGO

 
 
 
CURSO ADAPTACION SOCORRISMO
 

A Xunta de Galicia convoca o curso de adaptación para Licenciados e Graduados en Ciencias Actividade Física e o Deporte para que poidan exercer de socorristas este verán.                      

     + información e Convocatoria

 
EDUCACION FISICA DE CALIDADE (05/05/2017)
 

Posicionamento do colectivo do área de Educación Física sobre as melloras para unha Educación Física de Calidade en España

 

 
JAVIER RICO DIAZ, ASESOR NO CONSEJO SUPERIOR DE DEPORTES
 


Desde o COLEF Galicia queremos enviar os nosos parabéns ao noso colexiado Javier Rico Díaz, que vén de ser nomeado asesor no equipo directivo do Consejo Superior de Deportes.

Moitos éxitos, compañeiro!

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>






¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg