Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA
ASEMBLEAS
CONSULTAS
COLEXIARSE
O COLEXIO
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
LEXISLACIÓN
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
CONVERSA CON OLALLA VILELA MILLON (XUNO 2017)

 

 

Entrevista a OLALLA VILELA MILLÓN

Colexiada número 13.636

Lugar de nacemento: A Coruña

Lugar de traballo: SaúdeTraining A Coruña

 

"Os profesionais do deporte temos a misión de fomentar na sociedade hábitos de vida saudable para conseguir unha mellora da calidade de vida"

"Cremos na defensa da nosa profesión, por iso todos os traballadores do centro son colexiados"

"Aínda que correr sexa unha habilidade física básica, vimos que existe unha deficiencia de formación neste campo, por iso creamos unha Escola de Correr"


Estás a poñer en marcha, con Diego Fariña Varela, un novo proxecto: un centro de adestramento que parte dunha diferencia importante con respecto a outros, o feito de que os membros do cadro de persoal son todos titulados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e, ademais, colexiados. Cóntanos quen compón o equipo e que vantaxes ofrece esta cualificación.

Como dinmoitas das ideas nacen arredor  dunha mesa; o noso proxecto naceu así, pensando en como aportar unha maior calidade de vida á nosa sociedade, que cada vez é máis sedentaria, aportar o noso graniño de area dende a nosa vocación, que é a Educación Física. Iso soamente se pode conseguir con profesionais titulados que garantan unha boa práctica. Quixemos ir máis alá porque cremos na defensa da nosa profesión, por iso todos os traballadores do centro son colexiados a así o rexistramos incluso no noso nome SaúdeTraining Sociedade Civil Profesional. A bordo desta andaina ilusionante estamos Diego Fariña Varela e Olalla Vilela Millón.

 

Ademais do adestramento personalizado, entre os servizos que ofrecedes está o adestramento en minigrupos, menos individualizado pero tamén con atención en certo modo persoal. Cal é o seu obxectivo?

Este servizo que ofertamos tenta xuntar a persoas cun mesmo obxectivo común ou moi semellante. Como máximo 4 persoas para seguir ofertando  a máxima calidade e manter as adaptacións de cada un. Cremos que é bastante atractivo para fomentar un ámbito máis social ao mesmo tempo que se reducen os costes do servizo, que, polo tanto, é máis asequible á nosa sociedade.

 

Tamén chama a atención o adestramento online. En que consiste e como se miden os resultados?Buscabamos axudar a aquelas persoas que xa saben entrenar pero lles custa ver o camiño, unha maneira de guialos na procura dos seus logros para aqueles que non teñen tempo ou que, por circunstancias, non poden acudir con frecuencia ap centro. Nesta forma de entreno o alumno/a recibe a súa programación mensualmente. Para conseguir que sexa medible, dentro do pack de entreno existe unha clase presencial ao mes, tanto para tests coma para todo o asesoramento que necesite, mellora técnica de exercicios, inclusión no plan de exercicios novos, etc.

 

O running está de moda, pero como advirte o COLEF Galicia ten os seus perigos. No voso centro tedes un servizo específico para aprender a práctica deste deporte, a “escola de correr”. Como xurdiu esta idea?

Entendemos que debemos de estar á orde do día do que precisa a sociedade, tentamos estar somerxidos na formación continua e actualizados. Dado que neste intre os corredores están en auxe e aínda que correr sexa unha habilidade física básica, vimos que existe unha deficiencia de formación neste campo, xa que cando un corre está a soportar en cada zancada máis do dobre do seu propio peso. No propio programa de Escola de correr tentamos conseguir no alumno/a unha mellora na técnica de carreira, un traballo de coordinación, de forza, etc. En resumo, preparalo para poder aguantar esa recepción en cada zancada e a fin de contas prever posibles lesións.

 

Tamén contades con fisioterapeutas. Cales son as vantaxes da multidisciplinariedade?

Como di o refrán zapateiro, aos teus zapatos. Unha completa readaptación funcional como a que ofrecemos non é posible sen un licenciado ou graduado en CC. da Actividade Física e o Deporte e un graduado en Fisioterapia, para poder abordar todas as fases do período recuperativo. Como ben di a definición de fisioterapia, é unha "disciplina alternativa para apaliar síntomas de múltiples dolencias". A partir de aquí toda a programación e readaptación tanto deportiva como para a vida cotiá tería que estar liderada por un titulado en CC da Actividade Física e o Deporte. Así entendemos a multidisciplinariedade, os coñecementos de cada campo deben de sumar de forma sinérxica.


 Xa vemos que hai moitas novidades en SaúdeTraining, pero que destacarías como fundamental en canto ás diferencias cun ximnasio tradicional? Que vai encontrar o cliente no voso centro?Entendemos que cada persoa é unica cun estado de forma circunstancial. Calquera usuario que se convirta en alumno/a do noso centro terá unha programación adaptada aos seus obxectivos e consensuada. Non importa do nivel que partas, xa que "non tes que ser grande para empezar, senón que debes empezar para ser grande".

Ofrecemos un trato personalizado cunha implicación profesional e sincera. Os entrenos desenvólvense da man do adestrador/a asinado ao alumno/a, e sempre con horario acordado. Cabe destacar que éste é moi flexible xa que abrimos de 8.00 a 22.00 horas, para podernos adaptar a calquera tipo de vida laboral dos nosos usuarios/as. Todo isto unido a ofrecer a máxima calidade, por iso somos como mínimo titulados colexiados. Por último, tamén temos experiencia de anos no sector e tentamos deseñar un centro o máis funcional posible para respostar ás necesidades da nosa sociedade actual.

 

Está a cambiar o mundo dos ximnasios? Hai máis profesionalización?

Se non a hai, deberia de habela, pero todo empeza nos usuarios que adquiren os servizos: debemos de esixir profesionais cualificados, pois estamos traballando coa saúde das persoas.

 

Facer deporte é traballar pola saúde. Que pensas que poden aportar os profesionais do deporte a este campo, ao da saúde?

Pois sinceramente creo que temos un papel fundamental. A OMS (Organización Mundial de la Salud) na súa carta de constitución entende que a saúde é un "estado de completo bienestar físico, mental e tamén social, non soamente a ausencia de enfermidade ou doenza" (1948). Igualmente Milton Terris en 1980 enfatiza xa e vai máis alá expresando que: "É un estado de benestar físico, social e mental, con capacidade de funcionamento e non só como a ausencia de afeccións uo enfermidades.”

 

Entendendo a saúde como algo que abarca todos eses ámbitos, podemos inferir que temos a misión de fomentar na sociedade hábitos de vida saudable para conseguir unha mellora de calidade de vida. Os beneficios da actividade física están máis que contrastados e nós temos a tarefa de os transmitir a esta sociedade que, como che dixen, ten unhas porcentaxes moi altas de sedentarismo. Como di Massimo Piepoli, "O exercicio debería estar subvencionado, como as pílulas". Este experto en prevención asegura que sen tóxicos, con dieta e actividade física poderían reducirse un 80% as patoloxías cardíacas. E como este tipo de patoloxía calquera que interfira na saúde. En prever está a arte de salvar.

 

Que opinas da imaxe social dos profesionais do deporte?

Pois, sendo sincera, creo que estamos algo infravalorados, aínda que estamos mellor que hai uns anos. As novas xeracións penso que veñen dando guerra e buscando que as valoren como se debera. De todos modos non é algo que nos deba preocupar, pois cambiar esa imaxe (no caso de que non sexa boa) está nas nosas mans. Debemos seguir traballando duro e somerxernos na formación continua, algo que fai inmensamente atractiva a nosa profesión e que vai unido á  nosa filosofía de vida de non se render.

 

Volvemos ao tema da colexiación. Os que traballades en SaúdeTraining sodes todos colexiados. Por que razóns fundamentais recomendarías facerse membro do COLEF?

Pola defensa da nosa profesión. Somos un sector que ten que estar unido, os seus límites non están ben diferenciados entre outras causas por mor da falta dunha Lei do Deporte. Vivimos nun sector que ten a lacra do intrusismo e para facerlle fronte debemos estar colexiados. Dende a miña propia experiencia teño que dicir que levo colexiada dende que saín da carreira e tódalas dubidas que tiven respecto a masters e estudos posteriores sempre mas souberon solventar nun tempo récord. Destaco tamén o Seguro de Responsabilidade Civil que nos ampara e do que nos beneficiamos polo mero feito de estar colexiados.

 

Como ves de lonxe a regulación profesional?

Como un camiño arduo, pero esperanzada en ver a luz ao final do túnel. Sigamos loitando por ela, pois "todo parece imposible, ata que se fai".

  

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg