Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2018
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS 2018
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
CONVERSA CON ARANTXA TOME (OUTUBRO 2017)

 

Entrevista a ARANTXA TOMÉ ANTELO

Colexiado número 1.394

Lugar de traballo: Centro de adestramento persoal e nutrición 2STEPS (Santiago)

                         

                

 

 

"Animo aos titulados a que emprendan, a que monten os seus propios negocios, e sobre todo ás mozas, porque aínda é moi raro ver unha muller neste mundo" 

 

 "A miña idea é crear unha marca, que cando necesites un adestrador ou un nutricionista, penses en 2STEPS"

 

"Penso que debería ser obrigatorio para exercer estar colexiado e darlle o valor que se merece a unha carreira que tanto intrusismo sofre" 

 


 Polo que vemos no teu curriculum na páxina web (www.2steps.es), tes moita experiencia en ximnasios. Por que decidiches montar o teu propio negocio e que queres aportar de diferente con el?

Tomei a decisión de montar o meu propio negocio despois de traballar en varios ximnasios. Fun collendo experiencia e o bo e o malo de cada sitio. Creei o meu propio método pouco a pouco, cos clientes, e ao ver que a xente estaba contenta e lle gustaba decidín que era unha boa idea plasmar esa maneira de traballar nun negocio propio.

Hai moitos ximnasios en todos lados, pero a xente busca cada vez máis algo persoal e é máis consciente da importancia de contar cunha persoa cualificada que guíe e asesore axeitadamente para poder acadar os obxectivos. Somos máis conscientes de que non todos somos iguais e de que, se queres mellorar, se queres sentirte ben fisicamente, hai que investir en saúde. Igual que invistes nun fisioterapeuta, por que non investir nun adestrador persoal? Os ximnasios ao final son moi xerais, non hai nada personalizado e se buscas algo así tes que pagar por iso. Aí entra 2STEPS. Ademais existe moita poboación que necesita dun trato especial que non o vai atopar en moitos sitios.

A miña idea con 2STEPS é crear unha marca, que cando necesites un adestrador ou un nutricionista penses en 2STEPS. Obviamente é un proxecto a longo prazo, que agora comeza en Santiago.

 

Nestes momentos estás a completar o plantel, que é o que buscas nas persoas que queres que te acompañen nesta iniciativa e que perfil deben ter?

Para min o máis importante é que sexan licenciados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. A partir de aí busco xente que siga a se formar e a coller experiencia en distintos eidos, como o pilates, hipoprevisos, ioga, preparación física,… entre outras cousas. Quero xente que se implique e á que lle encante o deporte, que sexa traballadora e teña iniciativa.

 

Rehabilitación, preparación para probas, adestramento persoal, embarazadas… tes unha carta de servizos moi ampla. Hai un tipo de público especial ao que se queira atraer?

Co que máis traballamos agora é con xente que quere perder peso e poñerse en forma, ou simplemente que quere facer algo de exercicio e non son capaces de estar sós nun ximnasio sen máis. Tamén nos chama moita xente con problemas nas costas e que necesita exercicios máis específicos para poder manterse en forma ou para mellorar a súa calidade de vida diaria.

 

2STEPS non só ofrece servizos presenciais senón tamén online. É posible axudar a se manter en forma ou a prepararse fisicamente a distancia? Que método aplicas?

Todo depende da implicación que teña a persoa que nos contrata. Nós temos unha comunicación constante nos nosos adestramentos. Desde a avaliación inicial ata mandar semana a semana os adestramentos en función dos obxectivos. Unha vez que a persoa teña os seus adestramentos vainos contando que tal se encontrou, que foi mellor ou peor, ou se polo que sexa é necesario cambiar o adestramento dese día. O máis importante é que o cliente sinta que estamos para lle axudar no que necesite.

 

Tamén das moita importancia á nutrición. Que servizos se ofrecen neste campo?

Cando contratas os nosos adestramentos xa vai incluído un control da alimentación e recomendacións mensuais. De nada serve que adestres con nós para perder peso se logo chegas á casa e comes máis do que necesitas. Por iso é importante controlar unha alimentación axeitada. Tamén temos un servizo máis específico onde dicimos o que ten que comer a persoa exactamente, cantidades e cando. Este serve incluso para deportistas que compiten, porque todo isto é fundamental para render ao nivel que queren.

 

Ademais do adestramento persoal, pilates, hipopresivos ou rehabilitación tamén se ofrecen actividades fóra do centro, como natación, ciclismo ou running. Como se enfoca a práctica destes deportes?

En xeral soe ir enfocado a mellorar a técnica neste tipo de deportes ou a motivar durante os adestramentos, xa que se están sós non serían capaces de saír. En ciclismo a maior parte dos adestramentos supoñen saír con eles durante toda a sesión, e axudámoslles a entender cando teñen que se levantar da bicicleta, cando acoplarse, cambiar os piñóns, ou a cadencia de pedalada ideal. Nadando e correndo é o mesmo, nós metémonos na auga con eles e corremos au seu lado, axudándolles a mellorar a técnica ou marcando o ritmo do adestramento.

 

En 2STEPS non só se atende de forma presencial e online senón que tamén se ofrece a posibilidade de desplazar algún profesional para prestar servizos noutras zonas. Para que tipo de xente está pensada esta posibilidade?

De feito, a maior parte dos adestramentos son totalmente a domicilio, porque aos clientes resúltalles máis cómodo. Dependendo do tempo que teñamos fóra, soemos correr ou facer exercicios ao aire libre, ou se chove adicámonos a aproveitar o maior espazo posible dentro. Os exercicios son sobre todo funcionais ou de traballo co propio peso, entón non necesitamos moito espazo. O máis importante é facilitar as cousas aos nosos clientes e axudarlles a estar en forma.

 

Cóntanos un pouco desa promoción de apertura que tes no Facebook, con sorteos e outras vantaxes…

A idea e facer cada pouco sorteos, tanto para a xente que nos segue como para os nosos clientes, onde ofrezamos servizos e incluso entradas para eventos deportivos. Ademais estamos falando con tendas deportivas para poder ofrecer descontos aos nosos clientes.

 

Na web de 2STEPS hai un espazo para blog. Que tipo de consellos ou artigos tes pensado incluír nesa sección?

Queremos subir artigos todas as semanas e vídeos sobre como facer os exercicios na casa. Subiremos tamén artigos sobre nutrición. Queremos abarcar distintas temáticas que axuden aos nosos clientes.

 

Emprender, montar o teu propio negocio, é unha boa saída profesional, que consello darías aos titulados en CCAFDE que queiran dar o paso?

Eu animo aos titulados a que emprendan coas súas ideas de negocio, e sobre todo ás mulleres porque aínda é moi raro ver unha muller neste mundo. A miña competencia é sobre todo masculina, polo que gustaríame alentar ás mozas que aínda están estudando a que teñan en conta esta opción.

 

Que opinas do intrusismo que se da nas profesións do deporte e particularmente en moitos ximnasios e centros deportivos? Como se podería loitar contra el? 


Os clientes moitas veces non son conscientes de en que mans se están a poñer, confían no monitor que teñen e despois veñen as lesións. Teño visto monitores de pilates que non teñen titulación de ningún tipo, só porque sae máis barato contratalos. É un problema, porque se está a xogar coa saúde dos clientes e as peores lesións non saen ao momento, senón cando se incide nun exercicio mal feito durante moito tempo. Iso non quita que, aínda que sexas titulado en CCAFDE, teñas que seguir a formarte todos os anos nas novas técnicas ou métodos de traballo que te axuden a mellorar como profesional. 

Ademais, normalmente os que teñen só títulos de cursos ou simplemente cren que poden adestrar a outras persoas poñen tarifas moi baixas e rompen co mercado totalmente, porque moitas veces nin están dados de alta como autónomos. É totalmente necesario que saia unha Lei do Deporte que axude a regular este tipo de contratacións e que obrigue a ter unha titulación para traballar en según que sitios. Así evitaremos atopar monitores que non teñen nada que ver coa actividade física ou co deporte.

 

Como ves o futuro da profesión e que importancia lle das á colexiación?

Para min é unha profesión en auxe. Os clientes cada vez valoran máis a importancia de ter un profesional do deporte ao seu lado e buscan máis esa formación. O COLEF axuda a dar esa visibilidade e importancia á nosa profesión. Eu creo que debería ser obrigatorio para exercer estar colexiado e darlle o valor que se merece a unha carreira que tanto intrusismo sofre.

 

 

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg