Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA
ASEMBLEAS
CONSULTAS
COLEXIARSE
O COLEXIO
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
LEXISLACIÓN
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
CONVERSA CON JAVIER JOSE PRIETO TRONCOSO (OUTUBRO 2017)

 

Entrevista a JAVIER JOSÉ PRIETO TRONCOSO

Colexiado número 56.547

Lugar de nacemento: Santander 

Lugar de traballo: Movement Studio (Vigo)

                         

                

 

 

"Queremos introducir no mundo da actividade física a figura do asistente persoal de saúde, que é quen recolle primeiro toda a información da persoa, o seu problema e o seu obxectivo"

 

 "A socialización do deporte non se acometeu cun sentido lóxico, hai quen nunca fixo exercicio e de repente corre maratóns" 

 

"Os primeiros que temos que valorarnos como profesionais somos nós mesmos" 

 

 

A principal característica de Movement Studio é que ofrece un amplo abano de servizos, todos relacionados coa saúde: fisioterapia, nutrición, psicoloxía, obstetricia, adestramento persoal, fisioterapia pediátrica, pilates e ioga. Cal é o papel dun titulado en CCAFD neste equipo e como se coordina o traballo?

Certo, cremos que a saúde é un concepto moi global polo que está influído por un gran número de factores. A única maneira de abordar todos eles da forma correcta é que os diferentes especialistas en cada un traballen de forma interdisciplinar. O noso traballo está coordinado por un asistente personal de saúde que é a persoa encargada de facilitar a comunicación interna entre os membros do equipo e coordinar as diferentes actuacións conxuntas, sen invadir o criterio técnico dos diferentes profesionais involucrados. O papel do titulado en CCAFD no noso equipo abarca varios frontes entre os que podemos incluír o adestramento persoal e en pequenos grupos, a readaptación de lesións traballando de forma conxunta co personal de traumatoloxía e fisioterapia e o uso da actividade física como ferramenta de promoción da saúde.

 

Movement Studio vai moito máis alá dun ximnasio tradicional e incide na concepción do deporte como un piar fundamental para a saúde. Esa é a tendencia natural deste tipo de centros? Facer exercicio cun grupo grande e un monitor é algo superado?

Sen lugar a dúbidas. O noso centro é deses que entende que cando falamos de saúde e exercicio non se pode xeneralizar nin masificar. Cando unha persoa quere resolver un problema concreto ou cumplir uns obxectivos é necesario racionalizar os recursos e orientarlos cara as súas necesidades específicas. Os grupos grandes poden responder a outro tipo de necesidades como poden ser obxectivos menos específicos, non tan urxentes ou simplemente satisfacer demandas de ocio.

 

Partides da base de que indivualización do adestramento deportivo comporta menos riscos de lesións e fai que a persoa estea máis apegada ao adestramento que no caso dos grupos. Que é o que se vai atopar alguén que se pon nas vosas mans por primeira vez?

Todas as persoas que veñen a Movement Studio empezan da mesma maneira. En primeiro lugar reúnense co seu asistente persoal de saúde, que ten con eles una entrevista inicial na que se preguntan tanto aspectos técnicos, como poden ser historial lesional ou risco cardiovascular, como aspectos motivacionais referidos aos obxectivos da persoa: por que está alí, que actividades lle gustan, etc. Trátase dunha entrevista moi completa. Despois a persoa pasa por unha valoración xeral na que se busca descartar lesións ou problemas varios, limitacións no movemento, dor etc. En definitiva, unha análise da situación da persoa. Con todos estes datos faise una proposta sobre cal é a mellor forma de comezar a traballar, empezando directamente co plan de exercicio ou, se é necesario, realizando antes un tratamento previo nalgún dos servizos de saúde. Tamén se pode combinar e complementar o traballo en varios servizos.

 

Falas dun asistente persoal de saúde. Non é unha figura estandarizada, e máis ben poco ou nada coñecida. Podes contarnos un pouco en que consiste o seu traballo?

É ben certo que é unha figura prácticamente inexistente na maioria de centros deportivos ou de saúde. Pero seguro que moitos temos ido ao dentista e previo ao tratamento atendeunos unha persoa que nos explicou con detalle o que nos ían facer, confeccionounos un presuposto e resolveu todas as nosas dúbidas. Esta é a figura que nós queremos importar ao mundo da actividade física e da saúde. O primeiro contacto que ten a persoa é co seu asesor de saúde, é totalmente gratuíto, e o que se busca é escoitar á persoa, recoller información sobre o seu problema ou obxectivo. Coa información dispoñible faise un presuposto do custo da súa terapia ou plan de exercicio, sempre adecuado ao seu obxectivo, pero tamén ao seu peto. Moita xente ven buscando un adestrador persoal cando na realidade necesita un adestrador, pero tamen un fisioterapeuta, un nutricionista e un psicólogo. Iso é estupendo, temos todos eses profesionais no equipo, pero que pasa cando a persoa non pode pagar todo iso? Alí é onde o asesor de saúde se encarga de axustar o presuposto, priorizar, ordenar e secuenciar os servizos para que a persoa acade o seu obxectivo e poida enfrontalo economicamente. Ademais, nesta primeira entrevista, obtense tamén toda a información xenérica que os profesionais do equipo poden necesitar, aforrando tempo útil das suas primeiras sesións de tratamento ou adestramento. E o aspecto quizá máis interesante é que a persoa sempre terá ao seu dispor o asesor de saúde para consultar as dúbidas que teña, obter máis información do seu caso ou doutros servizos, etc.

 

Nalgúns foros parece que hai unha certa “guerra” entre titulados en CCAFD e fisioterapeutas, pero no voso caso ides da man nun mesmo proxecto. Tedes ben delimitados os campos de actuación de cada un?

Tristemente estamos sendo testigos dun enfrentamento prolongado no tempo. Dende a miña perspectiva a culpa téñena ambolosdous colectivos. Non é por ser pragmático, é que na miña experiencia podería relatar casos particulares de intrusismo e barbaridades varias dende as dúas bancadas. En Movement Studio non temos estes problemas, sobre todo grazas ao factor humano. Somos un equipo sin egos nin arrebatos de prepotencia, o clima de traballo é moi agradable e sobre todo lóxico. Os nosos protocolos establecen ben cando o traballo é da fisioterapeuta, cando é meu e cando é dos dous. A fluída comunicación e a comprensión mutua fan que todo vaia coma a seda.

 

Evitar as lesións traballando antes de que se produzan e ofrecer a rehabilitación nos casos en que xa as hai é un dos vosos servizos. É fácil previr a aparición de lesións cando se fan determinados deportes que a xente practica pola súa conta, como o running? Cales son os consellos máis básicos?

A socialización do deporte permitiu o acceso ao mesmo dunha gran parte da poboación que ata fai pouco non o practicaba. A priori pode parecer que isto é bo xa que a promoción da saúde a través do deporte ten demostrados beneficios nas persoas. O problema é que esta socialización non se acometeu cun sentido lóxico. Encontras persoas que nunca fixeron deporte e que de repente fan maratóns ou exercicios de alta intensidade e impacto sen apenas preparación previa. Unha persoa deste perfil ten moitas papeletas para lesionarse ou sufrir un problema a curto e longo prazo. A persoa que leva practicando actividade física toda a vida ten máis complicado lesionarse, aínda que tampouco é imposible. Se tivera que dar un consello para a xente que está empezando sería que non deixen de lado una boa valoración ao comezar a práctica deportiva para descartar problemas e, se resulta necesario, consulten cun profesional para ter unha mínima preparación. 

 

Falades da importancia de coller o hábito de practicar deporte canto máis novo mellor, pero podedes axudar tamén a persoas que empezan xa maiores?

Por suposto que si. Nunca é tarde para empezar a practicar actividade física. No noso centro estamos preparados para traballar tanto con adultos como persoas maiores, sería un sinsentido privar a esas persoas de todos os beneficios do exercicio físico. Ademais abordámolo dende a nosa perspectiva interdisciplinar xa que a partir de determinadas idades podemos encontrar persoas con problemas específicos; neses casos é fundamental combinar o traballo cos demais membros do equipo como poden ser a fisioterapeuta, a nutricionista ou a psicóloga.

 

Ti eres colexiado do COLEF. Que vantaxes pensas que ofrece o Colexio e que liñas de traballo cres que debería abordar?

Dende que estudiei o grao tiña claro que quería colexiarme. En primeiro lugar hai vantaxes obvias como pode ser o asesoramento e o seguro de responsabilidade civil. Ademais diso, un colectivo forte pode exercer máis presión sobre as institucións e gañar máis visibilidade de cara á sociedade, polo que cantos mais colexiados haxa máis forte será o Colexio e, por lóxica, poderá ter máis relevancia e forza. Penso que as súas liñas de traballo deberían centrarse sobre todo na defensa da profesión e na comprensión da mesma por parte da sociedade.

 

Como ves nun horizonte próximo a regulación profesional e que opinas do intrusismo no terreo dos titulados en CCAFD?

Penso que se está avanzando nos últimos anos pero aínda queda moito por facer. Unha boa regulación das profesións do deporte necesita chegar a un acordo con moitos axentes sociais e ter en conta moitas titulacións xa existentes, polo que precisa moito traballo. Penso que é posible pero que queda moitísimo traballo por facer.

En canto ao intrusismo laboral, é o noso pan de cada día, por iso penso que a regulación profesional é necesaria, para delimitar ben as competencias e atribucións de cada una das titulacións do noso ámbito e evitar a intrusión de persoas sen ningún tipo de formación. Dito isto, tamén quero dicir outra cousa. Creo que ninguén pode dubidar do meu compromiso coa profesión, sobre todo se coñecen os meus pasos na Facultade de Pontevedra, na Anecafyde e as miñas ideas, pero penso que temos que facer un pouco de autocrítica. Os primeiros que temos que valorarnos como profesionais somos nós mesmos. Temos que darlle valor á nosa profesión entendendo dúas cosas: No ámbito académico, que a nosa formación non pode ser superficial, que temos que acadar un bo coñecemento do ámbito no que nos especialicemos. No ámbito laboral, que somos nós os primeiros que temos que dignificar a profesión non aceptando traballar gratis, traballar noutra categoría profesional, traballar sen contrato ou traballar cun salario e, en xeral, cunhas condicións inaceptables. Se queres que te valoren tes que empezar a valorarte primeiro ti mesmo.

 

 

 

 

 

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg