Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2018
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS 2018
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
CONVERSA CON UXIA PARCERO

 

Entrevista a UXÍA PARCERO IGLESIAS

Colexiada número 13.212

Responsable de Reset Entrenamiento Personal

        

 

 

 

 "Axudar ás persoas a que se sintan mellor é o máis gratificante da nosa profesión"

 "O noso principal problema é a falta de regulación e o intrusismo laboral, necesitamos unha Lei do Deporte XA!!!"

 "Ser colexiada dame un apoio importante, todo son vantaxes"

"Nos ximnasios low cost prima a autonomía do usuario; nos centros de adestramento personalizado ou en grupos reducidos o adestrador/a orienta e dá pautas, ofrecendo unha praxis de calidade"

 


A colexiada Uxía Parcero e súas socias Alicia e Nuria son as responsables de Reset, un centro de Santiago especializado en adestramento persoal, adestramento pre e postparto, pilates e hipopresivos. O seu lema é “Entrenamos tu salud” e precisamente axudar aos usuarios e usuarias a manterse sans é o obxectivo fundamental deste centro que xa ten dúas sedes.  

 

-O proxecto Reset Entrenamiento Personal avanza a bo ritmo, xa que abrides un segundo centro en Santiago. Quedábase pequeno o primeiro?

Empezamos co noso  proxecto cun local no centro de Santiago, pero por volume de adestramentos tivemos que ampliar o espazo abrindo outro local na zona de Meixonfrío, no que seguimos tendo moi boa aceptación.

 

-Sodes dúas tituladas en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e unha adestradora persoal, pero no voso equipo de colaboradores hai fisioterapeutas, nutricionistas, estilistas… A clave do éxito está en ofrecer un servizo integral e multidisciplinar relacionado coa saúde e o benestar?

Entendemos o noso traballo como un enfoque multidiscisplinar para  dar a mellor solución aos nosos usuarios. De nada vale o adestramento illado, sen ter en conta outros factores, é por iso que colaboramos con profesionais de diferentes ámbitos como fisioterapeutas, especialistas en chan pélvico, osteópatas, podólogos, nutricionistas e estilistas, que nos axudan a conseguir os diferentes obxectivos que perseguen os usuarios cando deciden empezar un plan de adestramento con nós.

 

-Que perfil de cliente é maioritario nun centro como o voso?

O perfil de usuario co que traballamos busca obxectivos de saúde maioritariamente, así como un trato persoal e individualizado onde se teñan en conta as súas características persoais. Son persoas que xeralmente nunca fixeron actividade física ou se a fan é de forma esporádica, polo que o fundamental é axudarlles a adquirir bos hábitos de exercicio que poidan incluír na súa vida cotiá e que se sintan motivados para realizalos.

 

-Hai un tipo de exercicio axeitado para cada persoa, ou é recomendable que vaian probando onde se sinten máis cómodos?

Cando un usuario chega ao noso centro e realiza a entrevista persoal, orientamolo a un programa específico ou a outro según as súas necesidades e gusto pola actividade, pero o máis beneficioso é un programa que dea resposta aos seus déficits ou patoloxías para conseguir os seus obxectivos de saúde, ben sexa perder peso, gañar masa muscular, evitar a dor dunha patoloxía ou recuperar un bo tono e funcionalidade do chan pélvico por exemplo. Por iso derivamos a cada usuario ao tipo de actividade que máis lle axude na consecución das súas metas.

 

-O sector parece evolucionar en dous sentidos contrarios: por unha banda os ximnasios lowcost e por outra os centros personalizados e de grupos reducidos. Por que recomendarías a segunda opción?

O traballo que se realiza nun centro e noutro non ten nada que ver. Nos primeiros prima a autonomía do usuario, mentres que nos centros de adestramento persoal ou grupos reducidos os usuarios están ao amparo dun/ha adestrador/a que orienta, corrixe e crea pautas de movemento correctas que axudan a acadar os obxectivos de cada persoa, ofrecendo así unha praxis de calidade.

 

-No teu caso concreto, que foi o que te levou a orientar a túa carreira profesional hacia un centro de adestramento?

Despois de moitos anos exercendo a miña profesión no ámbito de saúde, vin a necesidade de crecer a nivel profesional para poder exercer unha metodoloxía claramente marcada, seguindo os principios do que entendo é un adestramento de calidade e orientado á saúde, dando respota ás diferentes necesidades das persoas.

Como profesionais da actividade física, temos unha ferramenta moi importante para incidir na saúde da poboación e mellorar así a súa calidade de vida; é unha maneira de axudar ás persoas a que se sintan mellor, é o máis gratificante da nosa profesión.

 

-O intrusismo é un dos problemas graves que atravesa a profesión. Que razóns principais darías á xente que quere empezar a practicar exercicio físico por calquera razón para explicarlle por que confiar nos profesionais titulados?

Penso que aquí non habería nada que explicar se extrapolamos esta pregunta a profesións doutros ámbitos. Cando unha persoa quere empezar a facer deporte é fundamental que se dirixa a un profesional da Actividade Física e do Deporte, xa que “ca saúde non se xoga” , debemos ser os primeiros en defender a nosa profesión.

 

-Pensas que a poboación se vai concienciando da importancia da práctica do deporte e a actividade física ou aínda se ve como unha actividade secundaria e máis vinculada ao ocio?

Aínda nos queda moito camiño por percorrer, pero a sociedade actual é cada vez máis sedentaria e é aí onde aparecen os problemas de saúde. Cada vez a sociedade é máis consciente de que se ten un problema de saúde debe dirixirse a un profesional da Actividade Física e do Deporte, é sobre todo neste eido onde o noso papel é fundamental.

 

-Que problemas principais cres que atravesa a profesión na actualidade?

O problema principal  é a falta de regulación e por ende o intrusismo laboral, necesitamos unha Lei do Deporte XA!!!

É necesaria unha lexislación que deixe claras as titulacións e competencias exisidas para un ámbito como o noso, onde calquera persoa pode facer un curso de “fin de semana” e ser adestrador en calquera sala fitness ou montar o seu propio centro. Iso no 2018 non podería pasar, somos moitos os que temos unha Licenciatura ou un Grao e temos a mesma recompensa salarial que alguén sen formación específica ou sen competencias no eido da saúde. Os usuarios deben de valorar que ¨non todo vale¨ e que cada profesional é experto no seu ámbito.

Aínda así, a formación continua é moi importante para estar ao día e afondar en contidos específicos, para ser un bo profesional temos que estar formándonos e aprendendo día a día.

 

-Ti es colexiada, por que recomendarías a colexiación?

Cantos máis sexamos máis forza faremos pola defensa da nosa profesión, pouco a pouco estanse a conseguir cousas pero falta moito para disfrutar dunha situación ideal.

 

Ser colexiada dame un apoio moi importante, son todo vantaxes: RC profesional, estar en contacto ca nosa comunidade, emprego, formación e calquer tipo de consulta que dende o COLEF sempre responden de forma inmediata.

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg