Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
ELECCIONS 2019
EF NA RÚA 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACION
VISIBILIDADE
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
CONVERSA CON JAVIER LOUREIRO

 

Entrevista a JAVIER LOUREIRO

Colexiado número 52.637

Fisiólogo do Exercicio na Unidade de Rehabilitación Cardíaca no Heart Hospital e no Qatar Rehabilitation Institute en Doha (Qatar)

       

 

 

"O educador físico, como licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ten un rol fundamental para facilitar a cada persoa o acceso a unha actividade física segura, efectiva e adaptada ás súas circunstancias persoais. Por todo isto, o seu papel na prevención primaria da enfermidade cardiovascular, dende a escola ata a vellez, e na prevención secundaria en fase estable é importantísima"

"A receita deportiva deberá ser un documento estratéxico para os profesionais implicados no coidado da saúde do paciente, sanitarios ou non, servindo como ferramenta na comunicación diaria sobre a práctica deportiva e a actividade física da persoa, un nexo de unión entre as mensaxes e obxectivos dos profesionais, e a transmisión efectiva destes á realidade diaria da persoa que se exercita pola súa saúde" 

"A nosa responsabilidade é xerar presión social como colectivo, a través dun incremento da percepción social da valía da nosa profesión"

 

Javier Loureiro traballa no campo da aplicación do exercicio físico á saúde, concretamente coas enfermidades cardíacas, lonxe da súa Galicia natal, en Qatar. Firme defensor da colexiación para dar forza ao colectivo e defender os seus intereses, destaca que o Colexio Profesional é de grande axuda tamén á hora de resolver trámites para traballar no estranxeiro.

 

-Cóntanos en que consiste o teu traballo en Qatar, canto tempo levas alí e como foi que xurdiu este traballo. 

Dende Xullo de 2018 estou a traballar como Fisiólogo do Exercicio na Unidade de Rehabilitación Cardíaca no Heart Hospital e no Qatar Rehabilitation Institute en Doha, Qatar. A oportunidade xurdiu a través de contactos con colegas que estaban a preparar a certificación en Fisioloxía do Exercicio do ACSM á par ca min, e que tiñan unha experiencia previa similar á miña en rehabilitación cardíaca no Reino Unido.  A unidade está en continua expansión, xa que é o único centro deste tipo no país, e aínda que xa conta con 38 profesionais de distintas disciplinas, entre eles tres licenciados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte no rol de fisiólogos do exercicio, está na procura de duplicar a sua capacidade. As miñas responsabilidades pasan pola estratificación e avaliación dos pacientes, realización de probas de esforzo, a prescripción de exercicio e a monitorización e supervisión dos programas de exercicio en pacientes con cardiopatía isquémica e insuficiencia cardiaca.

 

-Destacas especialmente a importancia de estar colexiado para solucionar trámites administrativos á hora de traballar no extranxeiro. Como foi a túa experiencia?

Qatar é un dos primeiros países en regular a profesión de fisiólogo do exercicio dentro do seu sistema de saúde, algo similar ao que xa fixo Australia hai tempo. A esta profesión pódese acceder de maneira directa se un é licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e posúe a especialización e os coñecementos requeridos. No ámbito sanitario, existe a necesidade de posuir una licencia que probe a cualificación profesional para desenvolver ese traballo. Ademais esíxese documentación en varias áreas: comprobación da educación universitaria, da previa experiencia laboral, probas médicas, antecendetes policiais, etc… e específicamente tamén a  licencia no país de orixe. En España a carencia de regulación da profesión fai isto aínda máis complicado.

Non é suficiente con aportar unha licencia coma a de Exercise Physiologist do ACSM (Colexio Americano de Medicina Deportiva), senón que é necesario un “Certificate of Good Standing”, conforme o profesional estaba rexistrado no seu Colexio Oficial durante a práctica da súa profesión no país de orixe, e estaba ao corrente nos seus deberes profesionais, como o mantemento da póliza de RC. No meu caso, ao retorno do Reino Unido en 2011 a primeira cousa que fixen foi rexistrarme no COLEF. Cando me solicitaron o certificado aquí, e tras explicar a situación -aínda non sendo un equivalente exacto, pois en España non hai regulación profesional efectiva como xa dixemos-, o informe e documentación enviada polo COLEF coas miñas datas de rexistro e a miña actividade profesional, decantou a balanza á hora de aprobar a miña solicitude de Licencia.

 

-Ti tes traballado na aplicación do exercicio físico á prevención, tratamento e recuperación das enfermidades cardíacas. Cal é a túa opinión da receita deportiva? 

A realidade social é que a maioria de persoas con patoloxías crónicas teñen acceso hoxe en día a ximnasios, centros deportivos, centros privados de adestramento persoal, instalacións públicas ao ar libre, etc., en combinación cunha enorme cantidade de mensaxes que animan a poboación a seren máis activos. Isto xera que de facto xa existan milleiros de persoas con múltiples factores de risco cardiovascular nas nosas comunidades que son activas nas nosas instalacións, ou pensan en tornarse activas.

A eliminación de barreiras para a adopción de habitos saudables é unha das grandes batallas na xeración de cambios de comportamento. O educador físico, como licenciado en Ciencias da Actividade Fisica e do Deporte,  ten un rol fundamental para facilitar a cada persoa o acceso a unha actividade física segura, efectiva e adaptada ás súas circunstancias persoais. Por todo isto, o seu papel na prevención primaria da enfermidade cardiovascular, dende a escola ata a vellez, e na prevención secundaria en fase estable é importantísima.  

Os países con maior tasa de participación en Rehabilitación Cardiaca Fase III teñen un sistema mixto onde a meirande parte son centros deportivos ou comunitarios externos ao sistema sanitario, e que contan con participación de educadores físicos, xeralmente en coordinacion directa ou indirecta dende Atención Primaria. A receita deportiva, polo tanto, deberá ser un documento estratéxico para os profesionais implicados no coidado da saúde do paciente, sanitarios ou non, servindo como ferramenta na comunicación diaria sobre a práctica deportiva e a actividade física da persoa, un nexo de unión entre as mensaxes e obxectivos dos profesionais, e a transmisión efectiva destes á realidade diaria da persoa que se exercita pola súa saúde.

 

-Cales son as cualidades e capacidades profesionais que fan ao Educador Fisico un profesional axeitado para tomar a responsabilidade en temas de exercicio e saúde cardiovascular?

Dende hai tempo organizacións nacionais relevantes contemplan o papel do educador físico na propia rehabilitación cardiovascular.  Segundo a American Heart Association (AHA) e a American Association for Cardiovascular and Pulmonary Rehabilitation (AACVPR), os requisitos básicos para ser un profesional do exercicio fisico na rehabilitación cardíaca inclúen estar en posesión dun grao de licenciado nunha área da saude (como Fisioloxía do Exercicio, enfermería  ou fisioterapia) con coñecemento avanzado en Fisioloxía do Exercicio e certificación da súa experiencia en principios e procesos de adestramento físico.

No noso caso, o título de Licenciado/Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte integra parte do sistema universitario español na rama das denominadas Ciencias da Saúde, e ten unha forte especialización en fisioloxía e outras ciencias aplicadas ao exercicio físico, se un segue o itinerario curricular e as especialización adecuadas.

Analizando máis polo miúdo as competencias profesionais do Licenciado/Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, no  libro blanco do título publicado pola Axencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (ANECA), no apartado dentro das áreas disciplinares específicas encóntrase a Fisioloxía do Exercicio, orientada cara á saúde e ao rendemento deportivo.

E alén do coñecemento máis vinculado ás ciencias biolóxicas, gustaríame salientar tamén o rol da educación per se, da necesidade de coñecemento da psicoloxía, da psicopedagoxía, da pedagoxía, do métodos de ensinanza-aprendizaxe, dos procesos de adestramento, da adquisición de habilidades motrices…, xa que non podemos esquezer que as persoas que comenzan a ser activas pasan por un intenso proceso de aprendizaxe.

Despois, o rol do Licenciado/Graduado en Ciencias do Deporte e as súas resposabilidades variarán en función do contexto e  tipo de programa de exercicio (tipo de intervención, tipo de supervisión e monitorización requeridas, a súa especialización, o equipo humano co que traballe, criterios de inclusión do programa, se a intervención e Fase II ó III, etc.)

 

- Como asesor de saúde do COLEF Galicia, como se pode potenciar o rol do Educador Físico e a percepción da súa valía profesional por parte da poboación e dos outros profesionais afíns?

Considero que a clave parte de dúas iniciativas a nivel persoal:

-O primeiro paso é formar parte dun grupo profesional fortemente cohesionado e forte en números, por iso sempre recomendo ser parte do Colexio Profesional da túa comunidade autónoma. Isto permítenos ter unha forza institucional, política e social que nos posibilita estar nas mesas de debate onde se decide o futuro da nosa profesión e ter unha voz propia e un peso específico na toma de decisións. A situación actual dista moito de ser ideal.

-Segundo, a emprendeduría e a iniciativa profesional de cada un. Temos que xerar e dar solución á demanda social. Por exemplo, ao igual que existen modalidades ou clases colectivas nos nosos centro deportivos, por que non crear programas específicos de exercicio na prevención primaria da enfermidade cardiovascular?, que eduquen ao paciente en hábitos saudables co exercicio como medio conductor e catalizador do proceso, onde ademais de exercitarse haxa educación formal, interacción con profesionais doutras disciplinas (nutrición, psicoloxía, enfermería, fisioterapia,  atención primaria,…). Pregúntome sempre por que non existen programas de exercicio de Fase III -mantemento de rehabilitación cardiaca- para dar saída aos pacientes que conclúen o seu programa de exercicio en rehabilitación cardiaca fase II nalgún dos hospitais públicos. A xeración deses programas e a súa ligazón aos centros superiores é, na miña opinión, unha responsabilidade directa nosa como educadores físicos.

E por último, debería haber unha reestructuración da nosa formación universitaria que dote de máis especificidade e carga lectiva -e unha efectiva separación- ás ramas da xestión, educación, e adestramento e saúde, e posibilitar a xeración de especialidades que dean acceso a distintas profesións, e que estas estean mellor reguladas.

Os máis grandes cambios sociais e profesionais prodúcense en resposta á necesidade e á presión social. Non se regula nada en resposta a nada, regúlase en resposta a unha situación de conflito ou potencial conflito. A nosa responsabilidade é xerar esa presión social como colectivo, a través dun incremento da percepción social da valía da nosa profesión. A nosa valía profesional aos ollos da poboación estará máis presente nas súas vidas, porque desempeñamos o noso rol cun alto grado de competencia, de coñecemento científico, de ética profesional e de iniciativa persoal para o avance da profesión.

Moitas grazas Javier polo túa colaboración e desexámosche o mellor no teu proxecto profesional en Qatar.

 

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg