Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
ELECCIONS 2019
EF NA RÚA 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACION
VISIBILIDADE
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
CONVERSA CON PABLO TORREIRO - RECEITA DEPORTIVA (OUTUBRO 2019)

Entrevista a PABLO TORREIRO

Colexiado número 12.473

 

O Concello de Abegondo, desde o Servizo Municipal de Deportes, puxo en marcha un plan integral pioneiro na comarca para ofrecer aos seus veciños asesoramento e supervisión personalizados en exercicio físico e nutrición, co que se proporá a cada veciño unhas pautas deportivas e unha dieta acordes ás súas patoloxías, en función do diagnóstico médico. Todo supervisado por un Director Especialista en Educación Física e Deportiva, Pablo Torreiro Barros, egresado no 2006 da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, e colexiado 12.473.

O director do programa de “Receita deportiva” coordinará a iniciativa e elaborará as propostas de rutinas deportiva, co apoio dun nutricionista e as pautas médicas prescritas, para cada usuario. 

 

 

Un concepto todavía descoñecido é o de “receita deportiva” ¿Que significa exactamente?

Según a RAG, “receita” é “Aquilo que permite conseguir algo”. A “receita deportiva” é un programa integral, fomentado polo Concello de Abegondo, a disposición de todos os veciños que queiran mellorar e potenciar a súa calidade de vida e saúde. Os usuarios, coa axuda do seu médico do centro de saude e o servicio municipal de deportes, que poñerá ao seu servicio un director especialista físico deportivo e un nutricionista, poderán acadar os obxectivos de mellora na calidade de vida e saude.

 

¿Como se articula o programa de exercicio físico orientado á saúde que vostede coordina?

O programa vertébrase arredor da figura do Director-Coordinador especialista en Educación Física e Deportiva. É un proxecto multidisciplinar: aunando esforzos entre o Servizo Municipal de Deportes, o Centro de Saúde de Abegondo, e un Nutricionista.

O Centro de Saude é o primeiro escalón. Eles son os que nos remitirán os usuarios que consideren viable a mellora na sua calidade de vida a través do deporte. Entregarán un “volante deportivo” que será o que acheguen na primeira cita co coordinador do programa. Nesta cita farase unha valoración e anamnesis do usuario e, ó mesmo tempo, derivase ó especialista en Nutrición. Con todos os datos recollidos, editamos o Receita Deportiva: o que o usuario debe facer para acadar os seus obxectivos.

 

¿Que beneficios ten para a poboación que exista un educador/a físico-deportivo/a implementando o programa de exercicio físico?

Seguridade e calidade. Traballamos con persoas derivadas do Centro de Saúde, por causa dunha enfermidade ou doenza, que necesite para a súa mellora de calidade de vida ou saude realizar actividade física; polo que a cualificación e formación do persoal é fundamental para implementar un programa deste tipo.

 

¿Sería posible implementar a receita deportiva sen un equipo multidisciplinar?

A coordinación entre os diferentes profesionais é fundamental para acadar os obxectivos dos usuarios con seguridade e calidade. Contamos dentro do programa cos médicos do Centro de Saúde de Abegondo, un Nutricionista titulado, adestradores personais para aqueles que o precisen, temos ademais á nosa disposición apoio psicolóxico, dispoñemos tamén dun profesional fisioterapeuta que colabora naqueles casos donde sexan precisos os seus coidados. Contamos co asesoramento desde os inicios do proxecto con médicos especialistas en medicina deportiva.

 

¿Cree que é preciso facilitar a receita deportiva en tódolos municipios? 

É ideal. A sociedade actual precisa máis que nunca da realización de exercicio físico. Con este tipo de programas seremos capaces de ofrecer un traballo o máis individualizado e adaptado posible a cada individuo. Sabemos de propostas noutros concellos parecidas, pero que non son integráis: non aúnan os esforzos dun equipo multidisciplinar. Dende o noso punto de vista, é fundamental a coordinación de tódolos profesionais para ofrecer un servizo óptimo.

 

¿Cal é a formación que considera que debe ter un profesional que presta servizos de exercicio físico orientados á saúde?

Toda prestación de servizos de exercicio físico debe estar dirixido por un Educador Físico Deportivo, e sempre co apoio de outros profesionais cualificados (Médicos, Nutricionistas, Fisioterapeutas, Psicólogos,…)

 

 

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg