Seleccionar página

O Goberno propón menos de 1,5 horas de EF para Educación Secundaria.  AXÚDANOS A MANIFESTARNOS EN CONTRA!

🚨 O currículo de Secundaria está en audiencia e información pública ata o 1 de decembro.

🙏🏻 Necesitamos o teu apoio para que aumenten a carga horaria de Educación Física.

😡O mínimo proposto polo Ministerio, 35 horas de Educación Física por curso (menos de hora e media á semana), incumpre todas as recomendacións internacionais, e incluso o propio mandato constitucional do artigo 43.3.

Co fin de conseguir o maior número de apoios posibles ás reinvidicacións de toda a Organización Colexial, tense elaborado desde o Consejo COLEF unha Carta de apoio ás reinvidicacións COLEF,+EF a fin de que sexan presentadas polas entidades e persoas que así o consideren, como documento adxunto ao Formulario habilitado polo Ministerio.

Data de FIN DE PRESENTACIÓNS DE APORTACIÓNS: 1 DE DECEMBRO DE 2021. RÓGASE MÁXIMA DIFUSIÓN ENTRE A COLEXIACIÓN, RESTO DA CIDADANÍA E ORGANISMOS DE INTERES: POR + EF!

Accede a +información