[Vía Diario da Universidade de Vigo]
Estudantes de Ciencias da Actividade Física e do Deporte de 40 universidades debaten no campus sobre o seu futuro profesional, o encontro esténdese ata o sábado, combinando reunións e actividades formativas.

Procedentes de 41 universidades españolas, un total de 82 estudantes do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte participan desde este mércores no campus na XXX asemblea xeral ordinaria da Anecafyde, a asociación estatal de alumnado desta titulación, que por terceira vez ten como sede a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Promovido pola Delegación de Estudantes deste centro xunto coa xunta directiva da Anecafyde, este encontro abrangue, entre xoves e sábado, unha serie de sesións formativas e reunións de traballo para os asemblearios e asemblearias. Previamente, a actividade botou a andar na tarde deste mércores cunha serie de relatorios que puñan o foco na “importancia” dos titulados e tituladas nestes estudos en ámbitos como “a saúde, o rendemento, a educación, a investigación e a xestión”, segundo sinalan desde a organización.
Previamente, esta trixésima asemblea da Anecafyde (Asociación Nacional de Estudantes das Ciencias da Actividade e do Deporte de España) foi inaugurada nun acto que contou coas intervencións do decano, Óscar García; o presidente do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (Colef-Galicia), Henrique Xoán Rodríguez; o presidente da Anecafyde, Carlos González, e o presidente da Delegación de Estudantes, Mario Gude. O decano participou ademais na mañá deste mércores nunha visita guiada polas instalacións do centro, na que deulles a benvida “a unha facultade que está entre as 300 primeiras do mundo no ránking de Shanghái”.

A demanda dunha regulación profesional
“Anecafyde é unha organización a nivel estatal, cuxo obxectivo primordial é defender os dereitos e intereses do colectivo estudantil, promovendo uns estudos universitarios de calidade para conseguir un exercicio profesional ao servizo da sociedade”, sinalan os promotores deste encontro. Nese senso, un dos propósitos centrais desta asemblea é a aprobación de documentos como o posicionamento desta organización respecto das competencias dos graduados e graduadas que consideran que deberían recollerse na “futura orde ministerial”. Neste punto, Gude sostén que “agora mesmo estamos situación tanto laboral como académica bastante delicada”, motivada pola falta dunha “regulación profesional” que motiva a existencia de “instrusismo profesional en diferentes ámbitos”. Nese senso, un dos propósitos destas xornadas será tratar de aprobar un documento conxunto que defina a posición da asemblea ante esa futura orde ministerial, pondo o foco nas competencias das e dos “educadores físico-deportivos” que se forman nesta titulación. “Estamos loitando polo noso valor como profesión e tamén dunha titulación”, que, como salienta o presidente da Delegación de Estudantes, “ten menos de 60 anos” e que cursan preto de 25.000 persoas en España.
Catro xornadas de debate e formación
A “actual situación do ámbito profesional” das e dos titulados foi tamén un dos eixes centrais da xornada de benvida desenvolvida este mércores, como apunta o tamén representante da delegación Anxo González. De feito, pór de relevo “a importancia do titulado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte nos diferentes ámbitos recoñecidos para estes” foi o propósito central dos relatorios desenvolvidos tras o acto de apertura. Neles, a profesora da facultade Marián Fernández Villarino afondou no seu papel no eido da educación, mentres que as tamén investigadoras deste centro Alba Cuba e Tania Álvarez centráronse no seu labor no eido da preparación e readaptación deportiva e a profesora Virginia Serrano abordou o seu traballo no ámbito da xestión deportiva. O último dos relatorios, a cargo de Vicente Gambau, presidente do Consejo Colef, sumou unha visión máis xeral destes profesionais.
Xa o xoves terán lugar diferentes xornadas de formación para as e os representantes que participan neste encontro, dirixidas a abordar varias das cuestións a tratar na propia asemblea. Ese é o caso dos protocolos internos da asociación en materia de prevención fronte a casos de acoso sexual e fronte a casos de discriminación, que se someterán a votación nesta asemblea. A idea, sinala o tamén representante da delegación Mario Pan, é que estas sesións formativas permitan abordar “como facemos eses protocolos e como se terían que implantar”, ao que se suman tamén actividades dirixidas a amosar “como funciona a Anecafyde e cal é o noso obxectivo aos novos asemblearios e asemblearias”.
Xa o venres, a actividade continuará unha serie de “actividades deportivas de integración e cohesión entre todos os asemblearios”, así como coa primeira sesión da propia asemblea, que xunto á aprobación do posicionamento sobre competencias profesionais, tamén se abordarán cuestións como a renovación da xunta directiva e doutros órganos da asociación. Esta asemblea completarase na tarde do sábado, xornada na que terán lugar tamén máis sesións formativas.
La falta de regulación desemboca en intrusismo laboral
Uno de los propósitos principales de la asamblea, explica Gude, es “facer fincapé na regulación profesional do noso oficio, xa que actualmente estamos nunha situación delicada“, y también “na regulación das diferentes saídas profesionales”. Detalla que la profesión de quienes se titulan en Ciencias da Actividade Física “non está regulada” y no se les da el valor correcto como educadores físico-deportivos. “Están intentando usurpar o noso traballo”, denuncian.
Anxo Lens apunta que hay otros profesionales que “cren que saben do noso pero non saben” y de ahí el intrusismo profesional que sufren. “Ocorre en toda España e é un problema estrutural da propia lei, porque non está recoñecida como tal a nosa profesión”. Gude señala que en su ámbito tienen siete salidas: la de “educación, a máis coñecida; saúde, preparación física de alto rendemento, ocio e turismo, administración deportiva e xestión deportiva”, pero actualmente “ao non estar regulado diferentes entidades queren usurpar o noso traballo” y al no haber un marco regulativo “non se diferenzan ben as liñas onde podemos facer o noso traballo e onde non. Entón, outros profesionais aproveitan e métense onde non poden traballar realmente, pero ao non haber lei non podemos recorrer”.
“Todo lo que comenta Mario es la misión transversal de Anecafyde desde que nació”, apunta Anxo Lens. De hecho, la asamblea surgió tras una manifestación en Madrid y una huelga con encierro durante varias noches para reclamar esta regulación profesional. “Intentaremos mostrar la voz del estudiantado”.

Anxo Lens, Anxo Domínguez, Mario Gude y Adrián Pan