Ambas entidades colaborarán na información e recomendación dos seus criterios de contratación pública de persoal deportivo nos concellos
O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, ven de recibir ao COLEF Galicia nun encontro que serviu para establecer unha canle fluída de comunicación e colaboración entre ambas organizacións.
Asemade, Alberto Varela, comprometeuse a tratar na vindeira Comisión Executiva da FEGAMP que se recolla a esixencia de titulacións oficiais, en aplicación da Lei do Deporte de Galicia, nas convocatorias de emprego promovidas por concellos.
Agradecer a Alberto Varela e aos compoñentes da FEGAMP a atención prestada e a man tendida ao COLEF Galicia.