Seleccionar página

O Consejo COLEF, inmerso nun proceso de transformación digital, ofrece ás empresas do sector dos ensinos non formais a oportunidade de gestionar a súa nova sección online de formación durante os próximos catro anos.

O obxecto do contrato é explotar unha Plataforma de Formación Online, o seu mantemento posterior, así como a produción de contidos adaptados. Os cursos estarán dirixidos aos diferentes profesionais do deporte, pero tamén se poderán realizar cursos dirixidos a outras persoas doutra índole diferente ao deporte, a educación física e o exercicio físico.

A Plataforma de Formación non só pretende ser un servizo dirixido aos colegiados, senón tamén aos titulados universitarios en Ciencias da Actividade Física e do Deporte non colegiados, e outros profesionais do deporte con outras titulacións oficiais.

A empresa que finalmente explote este servizo contará cunha gran ferramenta tecnolóxica para a formación online, así como o soporte da organización colegial para a difusión dos cursos. Ademais, esta plataforma é unha parte do proceso de digitalización dos servizos do Consejo COLEF, polo que tamén terá integración noutras áreas previstas.

O prazo para a presentación de candidaturas finaliza o 8 de outubro de 2018. +info