Seleccionar página

Desde o COLEF Galicia quixéramos recordar que o 6 de abril celebrarase o DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE PARA O DESENVOLVEMENTO E A PAZ, promovido pola ONU. Asemade, na mesma data, conmemórase o DÍA MUNDIAL DA ACTIVIDADE FÍSICA, impulsado pola OMS; e seguidamente, o 7 de abril, o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE, promocionado pola mesma entidade.

O xoves, 10 de abril de 2025, celebrarase o 15º DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA (#DEFR2025), que ten a súa orixe no ano 2011 do profesor de Educación Física Fran Flórez (EFD 11.243), profesor de Educación Física da localidade asturiana de Laviana.

O #DEFR naceu co fin de expoñer á sociedade os beneficios da materia, dándolle visibilidade en espazos públicos, e mostrando que é a Educación Física, unha Educación Física actual para todas e todos.

O obxectivo do DEFR 2025 será mostrar que a educación física, a actividade física e o deporte non só melloran a saúde física e mental, senón que tamén son ferramentas poderosas para romper barreiras sociais, promovendo a igualdade e o respecto á diversidade. En colaboración con Special Olympics España, nesta edición promóvense as actividades adaptadas e inclusivas, mostrando que a Educación Física é para todos e todas, e que é posible crear unha sociedade máis inclusiva a través do deporte.

Estes catro eventos veñen a reforzar a CONCIENCIACIÓN QUE EXISTE E O FORTE VÍNCULO ENTRE O EXERCICIO FÍSICO E A SAÚDE, desde o COLEF Galicia seguimos axundando e apoiando á poboación, a que aumente os niveis de actividade física e reduza os periodos sedentarios. Esta actividade física, realizada correctamente e sempre baixo supervisión das/os Educadoras/es Físico Deportivos/as, ofrece importantes beneficios para a saúde de toda a poboación.