Seleccionar página

O pasado 15 de febreiro tivo lugar a firma dun convenio-marco con CODINUGAL (Colexio de Dietistas-Nutricionista de Galicia), cuxos profesionais están presentes en diferentes ámbitos, desde o clínico e asistencial, así como no eido docente e investigador e en restauración colectiva. En breve comezaremos a traballar en accións conxuntas que visibilicen interna e externamente ámbolos perfís profesionais, e que axuden asemade a mellorar sinerxias profesionais e colectivas.

Accede ao convenio completo


X