Seleccionar página

Éxito na Asemblea Xeral e Entrega de Premios do COLEF Galicia 2025 Noia. [15/03/25] – O Ilustre Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia) celebrou con gran éxito a súa Asemblea Xeral 2025 e a entrega dos Premios COLEF Galicia nun acto que reuniu a destacadas autoridades e profesionais do sector no Teatro Noela.

O evento contou coa presenza de importantes personalidades do ámbito deportivo e institucional, entre eles:

  • D. Henrique Xoán Rodríguez Pantín, Presidente do COLEF Galicia.
  • D. Iván Clavel, Xerente da Fundación Deporte Galego en representación da Secretaría do Concelleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.
  • D. Vicente Gambau i Pinasa, Presidente do Consejo COLEF.
  • D. José María Suárez Quintanilla, Presidente de Unión Profesional de Galicia.
  • Representación do Concello de Noia:
    o Sr. Alcalde, D. Santiago Freire Abeijón.
    o Sr. Concelleiro de Deportes, D. Santiago Rodríguez Núñez.
    o Sr. Concelleiro de Educación e Novas Tecnoloxías, D. Iván Lorenzo Redondo.
  • D. Antonio Leira, responsable de deportes da Deputación de A Coruña.

Durante a Asemblea Xeral, abordáronse cuestións crave para o desenvolvemento e fortalecemento do sector da educación física e o deporte en Galicia, destacando a importancia do recoñecemento profesional e a promoción da actividade física na sociedade.

Na posterior entrega de premios, recoñeceuse o labor e traxectoria de profesionais e institucións que contribuíron significativamente ao crecemento e mellora do ámbito deportivo na comunidade.

Os galardoados desta edición foron distinguidos polo seu compromiso e achegas en diversas áreas relacionadas coa educación física e a actividade deportiva.

CATEGORÍAS:

1. DOCENCIA: Antonio Novo – #EFD Nº 57.589

2. DIRECCIÓN E XESTIÓN DEPORTIVA: Mariquiña Castiñeira – #EFD Nº 5.649

3. RENDEMENTO DEPORTIVO: Carlos Lalín – #EFD Nº 8.695

4. SAÚDE: Javier Roibal – #EFD Nº 12.165

5. SOCIAL; Juan Luis Martínez – #EFD Nº 8.738

6. INVESTIGACIÓN E/OU INNOVACIÓN: Javier Carballo – #EFD Nº 57.126

7. ESPECIAL: Eduardo Blanco – #EFD Nº 3.310

Tamén se realizou a entrega da insignia do COLEF Galicia a toda a colexiación que cumpría 25 anos como colexiado/a.

  • María Bermúdez Salinas – #EFD Nº 11.081
  • Juan José Fernández Romero – #EFD Nº 8.320
  • Carlos Lalín Novoa – #EFD Nº 8.695
  • María Pilar López Graña – #EFD Nº 8.404
  • Juan Luis Martínez Queiruga – #EFD Nº 8.738
  • José María Pazos Couto – #EFD Nº 8.688
  • María Isabel Rodríguez López – #EFD Nº 8.321
  • José Ricardo Soto Caride – #EFD Nº 8.704

Desde o COLEF Galicia, valórase de maneira moi positiva a celebración deste evento, que non só permite afianzar o labor colexial, senón tamén fortalecer lazos entre institucións e profesionais, traballando conxuntamente polo desenvolvemento do deporte e a educación física en Galicia a través de Educadores/as Físico Deportivos.

O COLEF Galicia agradece a participación, asistencia e compañeirismo vivido por todos os representantes das administracións que asistiron, á colexiación que recibiu o seu recoñecemenro polos 25 anos como colexiados/as e aos premiados/as en todas as categorías.

Temos un colexio forte, en crecemento contínuo e que busca mellorar día a día.

Grazas a todos/as.