O COLEF Galicia celebra o seu 40º cunha xornada de formación en saúde e a entrega dos III Recoñecementos e os Premios COLEF Galicia 2023
Santiago, a 21 de marzo de 2023
O COLEF Galicia celebraba o pasado 18 de marzo no auditorio do Edificio CERSIA de Santiago, os actos do seu 40º aniversario, co organización dunha Xornada sobre Exercicio Físico e Cancro pola mañá, na que participaron prestixiosos investigadores do ámbito como Dª. Soraya Casla Barrio e D. Salvador Rey Ramos nas ponencias iniciais, e tamén Educadores Físico Deportivos que a continuación presentaron diferentes experiencias profesionais, entre eles Dª. Nuria Freire Barros, Dª. Lucía Noya Casas, Dª. Noemí Sanmartín Rodríguez, D. Carlos Díaz Calvo, Dª. Mónica Rodríguez Rodríguez, e D. José Antonio Barcia Tucelli. Á xornada asistiron alumnos universitarios, profesionais da actividade física e o deporte, representantes de Asociacións contra o Cancro, e profesionais do ámbito sanitario, social e deportivo.
Rematada esta actividade formativa, celebrábase a Asamblea Xeral Ordinaria, e no mesmo lugar, ás 19:30 h daba comezo o Acto de Entrega dos Recoñecementos e Premios COLEF Galicia 2023. A este evento asistiron asemade o Presidente do Consejo COLEF, D. Vicente Gambau; e asemade o Presidente de Unión Profesional de Galicia, D. Antonio Macho Senra. O Presidente do COLEF Galicia agradeceu a asistencia a todos os presentes, e recordou que en 40 anos fixéronse moitas cousas ben das que estar orgullosos e que poñen á Educación Física e Deportiva no lugar que se merece na actualidade.
Tras a actuación musical, procedeuse á entrega as insígnias colexiais aos compañeiros xubilados e a un numeroso número de colegas que cumprían os 25 anos de colexiación. De seguido, entregáronse os recoñecemetos aos Proxectos Solidarios ás seguintes persoas colexiadas, pola súa importante labor ao deporte desde o eido federativo, recreativo, educativo e social.
- D. Jorge Forte Nogueira, polo programa “Xogamos todos, gañamos todos”
- Dª María Antonia Castiñeiras, polo programa “Camiña, Escala, Oriéntate”
- D. Víctor Arufe Giráldez, polo proxecto “Bicicletas viaxeiras”
- Dª Carla Da Silva Castro, polo proxecto “IMAS: Inclusión Social no Deporte” (no seu nome D. Eduardo Blanco Pereira)
- Dª. Raquel Carragal Da Costa, polo proxecto “Correndo pola Esclerose Múltiple”
- D. Enrique Viéitez Lama, polo proxecto “Gala Deporte Solidario de Santiago”
- D. Xabier Casal Lema, polo programa “Esfuerza”.
Para finalizar, e logo de que saíran elexidos logo dunha previa votación entre todas as persoas colexiadas, subían a recoller os Premios COLEF Galicia 2023, nas súas diferentes categorias, diferentes profesionais destacados.
- Especialidade Docencia: D. Roberto Barcala Furelos
- Especialidade Deporte Social: Dª. Carla Da Silva Castro (no seu nome D. Eduardo Blanco Pereira)
- Especialidade Exercicio Físico para a Saúde: Dª. Nuria Freire Barros
- Especialidade Rendemento Deportivo: D. Adrián Haro Lorenzo
- Especialidade Xestión e Dirección Deportiva. D. Javier Rico Díaz
- Premio Especial pola súa Traxectoria: D. Ricardo Pérez y Verdes
Para pechar o acto, a intervención de D. Antonio Macho Senra destacou o exemplo do COLEF Galicia na implicación e participación na defensa das profesións colexiadas en Galicia; e asemade D. Vicente Gambau trasladou o importante momento normativo que se está a vivir a profesión.
Unha vez rematado o evento, logo dunha longa xornada, os asistentes tiveron tempo para facerse as oportunas fotografias colectivas e individuais, e desfrutar do catering saudable servido no vestíbulo do propio edifício (acceder aos vídeos do acto e resumo fotográfico).