DOG Núm. 7-Bis Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Ver documento completo
DECRETO 3/2021, do 13 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
A situación epidemiolóxica actual amosa taxas de incidencia en niveis elevados e con tendencia ascendente en todas as áreas sanitarias, polo que:
- Continúa o peche perimetral da Comunidade Autónoma, e en todos os concellos con nivel máximo de restricións establécese o seu peche perimetral.
1. Da provincia da Coruña: a) A Coruña. b) Ames. c) A Pobra do Caramiñal. d) Arteixo. e) Boiro. f) Cabanas. g) Camariñas. h) Cambre. i) Carballo. j) Cee. k) Cerceda. l) Culleredo. m) Fene. n) Ferrol. ñ) Laxe. o) Melide. p) Narón. q) Noia. r) Oleiros. s) Oroso. t) Ortigueira. u) Outes. v) Pontedeume. w) Porto do Son. x) Rianxo. y) Ribeira. z) Santiago de Compostela. aa) Trazo. ab) Val do Dubra. ac) Vimianzo.
2. Da provincia de Lugo: a) Lugo. b) Vilalba. c) Viveiro. d) Xove.
3. Da provincia de Ourense: a) Allariz. b) Barbadás. c) Monterrei. d) O Carballiño. e) Ourense. f) Verín. g) Xinzo de Limia.
4. Da provincia de Pontevedra: a) A Estrada. b) A Guarda. c) A Illa de Arousa. d) Baiona. e) Bueu. f) Caldas de Reis. g) Cuntis. h) Moaña. i) Oia. j) O Rosal. k) Poio. l) Ponteareas. m) Pontecesures. n) Pontevedra. ñ) Redondela. o) Salvaterra do Miño. p) Tomiño. q) Tui. r) Valga. s) Vigo. t) Vilagarcía de Arousa. u) Vilanova de Arousa.
- O resto dos concellos de Galicia pasa a nivel medio-alto de restricións e, aínda que non se recomenda, salvo necesidade, permitirase a mobilidade entre eles, agás no caso dos concellos de Lugo, Pontevedra e Vigo.
- En todo o territorio da Comunidade Autónoma as limitacións de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados, tanto pechados como ao aire libre, queda condicionada a que non se supere o número máximo de catro persoas, agás que se trate de persoas conviventes, coas excepcións que se establecen. A limitación prevista neste punto non será de aplicación no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso da práctica do deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
- Limítase a mobilidade nocturna entre as 22.00 e as 6.00 horas, só se poderá circular por vía pública para: a) Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade. b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios. c) Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia. d) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais. e) Retorno ao lugar de residencia habitual, tras realizar algunhas das actividades previstas neste punto. f) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables. g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade. h) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada. i) Abastecemento en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores».
- Este decreto terá efectos desde as 00.00 horas do día 15 de xaneiro de 2021.