Seleccionar página

Accede ao DOG completo

Consellería de Sanidade

ORDE do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexto. Eficacia

As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 19 de marzo de 2021.

Obrigatoriedade do uso de máscaras.

A obriga de uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.

Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

  1. Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas de skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.
  2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3 do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, na súa redacción vixente.
  3. Deberán aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas, especialmente no que se refire a proceder diariamente á limpeza e desinfección destes espazos nas áreas de contacto das zonas comúns, tales como xogos das zonas infantís, aparellos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso compartido.
  4. Recoméndase dispor neses espazos, especialmente no que se refire a parques infantís, de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade.

Actividade deportiva

1. A realización da actividade física e deportiva non federada axustarase ás seguintes regras, en función dos datos epidemiolóxicos existentes nos correspondentes concellos

a) Nos concellos enumerados na letra A do anexo II da presente orde, a práctica da actividade física e deportiva non federada só poderá realizarse ao aire libre ou en instalación deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes, e coa utilización de máscara.

Maside, Paradela, Vilardevós

 b) Nos concellos enumerados nas letras B e C do anexo II da presente orde, a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara. No caso da prácticade forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.

Arteixo, Boborás, Mezquita (A), Neda, Pontecesures, Sobrado, Soutomaior, Pantón, Ponteceso, Coruña (A), Bergondo, Culleredo, Chantada, Guitiriz, Mugardos, Laxe, Coles, Valdoviño, Boimorto, Sober

Nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o trinta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 30 %.

c) Nos concellos enumerados na letra D do anexo II, a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.

Abadín
Carballo
Guarda (A)
Muíños
Pontevedra
Tomiño
Abegondo
Cariño
Gudiña (A)
Muras
Porqueira
Toques
Agolada
Carnota
Guntín
Muros
Porriño (O)
Tordoia
Alfoz
Carral
Illa de Arousa (A)
Muxía
Portas
Touro
Allariz
Cartelle
Incio (O)
Narón
Porto do Son
Trabada
Ames
Castrelo de Miño
Foz
Navia de Suarna
Portomarín
Trasmiras
Amoeiro
Castrelo do Val
Frades
Negreira
Punxín
Trazo
Antas de Ulla
Castro Caldelas
Friol
Negueira de Muñiz
Quintela de Leirado
Triacastela
Aranga
Castro de Rei
Gomesende
Neves (As)
Quiroga
Tui
Arbo
Castroverde
Irixo (O)
Nigrán
Rábade
Val do Dubra
Ares
Catoira
Irixoa
Nogais (As)
Rairiz de Veiga
Valadouro (O)
Arnoia (A)
Cedeira
Lalín
Nogueira de Ramuín
Ramirás
Valga
Arzúa
Cee
Lama (A)
Noia
Redondela
Vedra
Avión
Celanova
Láncara
Oia
Rianxo
Veiga (A)
Baiona
Cenlle
Laracha (A)
Oímbra
Ribadavia
Verea
Baleira
Cerceda
Larouco
Oleiros
Ribadeo
Verín
Baltar
Cerdedo-Cotobade
Laza
Ordes
Ribadumia
Viana do Bolo
Bande
Cerdido
Leiro
Oroso
Ribas de Sil
Vicedo (O)
Baña (A)
Cervantes
Lobeira
Ortigueira
Ribeira de Piquín
Vigo
Baños de Molgas
Cangas
Lobios
Ourense
Ribeira
Vila de Cruces
Baralla
Cañiza (A)
Lourenzá
Ourol
Riós
Vilaboa
Barbadás
Capela (A)
Lousame
Outeiro de Rei
Riotorto
Vilagarcía de Arousa
Beariz
Carballeda de Avia
Lugo
Outes
Rodeiro
Vilalba
Becerreá
Cervo
Maceda
Oza-Cesuras
Rois
Vilamarín
Begonte
Chandrexa de Queixa
Malpica de Bergantiños
Paderne de Allariz
Rosal (O)
Vilamartín de Valdeorras
Betanzos
Coirós
Manzaneda
Paderne
Rúa (A)
Vilanova de Arousa
Blancos (Os)
Corcubión
Mañón
Padrenda
Rubiá
Vilar de Barrio
Boiro
Corgo (O)
Marín
Padrón
Sada
Vilar de Santos
Bola (A)
Coristanco
Mazaricos
Palas de Rei
Salceda de Caselas
Vilariño de Conso
Bolo (O)
Cortegada
Meaño
Parada de Sil
Salvaterra de Miño
Vilarmaior
Boqueixón
Cospeito
Meira
Páramo (O)
Samos
Vilasantar
Bóveda
Covelo
Meis
Pastoriza (A)
San Amaro
Vimianzo
Barco de Valdeorras (O)
Crecente
Melide
Pazos de Borbén
San Cibrao das Viñas
Viveiro
Barreiros
Cualedro
Melón
Pedrafita do Cebreiro
San Cristovo de Cea
Xermade
Barro
Cuntis
Merca (A)
Pereiro de Aguiar (O)
San Xoán de Río
Xinzo de Limia
Beade
Curtis
Mesía
Peroxa (A)
Sandiás
Xove
Brión
Dodro
Miño
Petín
Santa Comba
Xunqueira de Ambía
Bueu
Dozón
Moaña
Pino (O)
Santiago de Compostela
Xunqueira de Espadanedo
Burela
Dumbría
Piñor
Santiso
Zas
Cabana de Bergantiños
Entrimo
Moeche
Pobra de Trives (A)
Sanxenxo
Cabanas
Esgos
Mondariz-Balneario
Pobra do Brollón (A)
Sarreaus
Caldas de Reis
Estrada (A)
Mondariz
Pobra do Caramiñal (A)
Sarria
Calvos de Randín
Fene
Mondoñedo
Poio
Saviñao (O)
Camariñas
Ferrol
Monfero
Pol
Silleda
Cambados
Fisterra
Monforte de Lemos
Ponte Caldelas
Somozas (As)
Cambre
Folgoso do Courel
Montederramo
Ponteareas
Taboada
Campo Lameiro
Fonsagrada (A)
Monterrei
Pontedeume
Taboadela
Carballeda de Valdeorras
Forcarei
Monterroso
Pontedeva
Teixeira (A)
Carballedo
Fornelos de Montes Gondomar
Moraña
Pontenova (A)
Teo
Carballiño (O)
Grove (O)
Mos
Pontes de García Rodríguez (As)
Toén

No caso da práctica da actividade física e deportiva non federada nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 50 %.

2. Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas durante un mínimo de 30 minutos ao inicio e ao remate de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e, obrigatoriamente, ao remate de cada clase ou actividade de grupo. No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e non se poderá empregar a función de recirculación do aire interior.

3. Os vestiarios e zonas de ducha poderán usarse cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.

 

4. A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados

5. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

6. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

No ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto que se realicen na Comunidade Autónoma de Galicia serán de aplicación as seguintes medidas:

  1. a) Os equipos e deportistas galegos que participen nas ditas competicións deberán realizar os adestramentos e a competición en grupos de composición estable e, en todo caso, deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais.
  2. b) A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participaren nas ditas competicións deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.

Así mesmo, deberán comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e a hora de chegada á Comunidade Autónoma galega e o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección de COVID-19 a que foron sometidas as ditas persoas.

As medidas previstas deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias

das autoridades deportivas e sanitarias estatais, polo que serán aplicables sempre que resulten compatibles coas adoptadas polas ditas autoridades e mentres non existan medidas obrigatorias dimanantes delas que ofrezan un nivel de protección equivalente ou similar.

Celebración de competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos, e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecemento destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

  • A celebración de competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas, poderá desenvolverse, sen superar o trinta por cento da capacidade permitida, con público, sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de duascentas cincuenta persoas para lugares pechados e de cincocentas persoas se se trata de actividades ao aire libre. No obstante, nos concellos enumerados na letra D do anexo II o límite máximo poderán chegar as trescentas persoas para lugares pechados e de mil persoas se se trata de actividades ao aire libre.
  • Co fin de evitar aglomeracións, a distribución dos asistentes será homoxénea polas butacas e haberá unha planificación axeitada para controlar os accesos e o fluxo de circulación dos asistentes. Debe preverse a apertura de todas as portas dispoñibles coa antelación suficiente.
  • Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no resto das instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física.
  • O uso da máscara será obrigatorio en todo momento, mesmo no caso de que se manteña a distancia de seguridade interpersoal nos termos previstos nas medidas hixiénicosanitarias.
  • Nas butacas ou asentos preasignados, as persoas asistentes non poderán quitar a máscara.
  • Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas por espazo de polo menos 30 minutos ao comezo e ao final de cada xornada, así como de forma frecuente
  • durante esta e obrigatoriamente ao finalizar cada actividade. No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e non se poderá empregar a función de recirculación do aire interior.
  •  Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento e custodialo durante un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias, cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.
  • Deberán intensificarse as medidas de limpeza e desinfección das instalacións con productos debidamente autorizados e rexistrados.
  • No caso de celebración de congresos, encontros, eventos e actos similares, se os asistentes non permanecen sentados en todo momento, solicitarase autorización á Dirección Xeral de Saúde Pública en que se comuniquen o evento, as datas, as actividades que se van realizar e as medidas concretas organizativas e de seguridade propostas para os riscos de contaxio.
  • A solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade pola COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueloutros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

Especificidades para determinadas actividades turísticas, centros de interpretaciónne visitantes, aulas da natureza, casetas e puntos de información.

  1. Poderán realizarse actividades de turismo ao aire libre, organizadas por empresashabilitadas para iso, e a actividade de guía turístico, para grupos de ata un máximo de oito persoas máis o monitor, sexan ou non conviventes, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

Actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil.

  • Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao cincuenta por cento da súa capacidade máxima, cun máximo de cincuenta participantes, excluídos os monitores. Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o cincuenta por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de vinte e cinco participantes, excluídos os monitores.
  • As actividades deberán realizarse no interior en grupos de ata catro persoas participantes e no exterior en grupos de seis participantes, sexan ou non conviventes e excluídos os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.