Seleccionar página

Fonte: Consellería de Sanidade.

Consellería de Sanidade ORDE do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 4 de decembro de 2020.

NIVEL BÁSICO

Aplicable a toda a Comunidade Autónoma de Galicia

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultánea, sen contar, no seu caso, ao monitor. Nas instalacións e centros deportivos poderá realizarse actividade deportiva en grupos de ata seis persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar ao monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento do aforo máximo permitido, debendo establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

 NIVEL MEDIO-ALTO

Aplicable en: Ferrol, Fene e Neda; Vigo, Mos, Nigrán e Gondomar; Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa; Lugo; Lalín; Cangas; Coristanco, Cabana de Bergantiños, Malpica e Ponteceso; Meis, Meaño e Ribadumia; Cee, Dumbría e Muxía; Oroso; Vimianzo; Ribadavia; Xinzo de Limia; Vilaboa; A Guarda.

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de catro persoas sexan ou non conviventes, excluído o monitor. Nas instalacións e centros deportivos poderá realizarse actividade deportiva de forma individual, ou colectiva cun máximo de catro persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento do aforo máximo permitido. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

NIVEL DE MÁXIMAS RESTRICIÓNS

Aplicable en: Pontevedra, Marín e Poio; Sanxenxo e O Grove; Carballo e A Laracha; Tui; Ponteareas; Moaña; Vilalba; Narón; Redondela; O Porriño; Cambados.

Poderán continuar abertos:

  • II.2. Actividades deportivas.
  • II.2.2.1. Estadios deportivos.
  • III.2.2.2. Pavillóns deportivos.
  • III.2.2.3. Recintos deportivos.
  • III.2.2.5. Ximnasios.
  • II.2.2.6. Piscinas de competición.

X