O Consejo COLEF vén de colgar este vídeo no que aporta algunha das moitas razóns polas que é importante a colexiación, entre elas as vantaxes que ten desde o punto de vista da seguridade en responsabilidade civil ou asesoría legal, pero tamén a posibilidades formativas ou de acceder a ofertas de emprego, convocatorias de premios ou axudas, etc. que aporta a colexiación. É importante ter un Colexio forte e participativo, para poñer en común as nosas opinións e tamén para facernos oír con máis forza. E recorda que ata o 1 de decembro no COLEF Galicia tes a cota de inscrición gratuíta. Reproduce o vídeo.