Seleccionar página
  • 20 de marzo
  • Participación telemática

A Xunta de Goberno do COLEF Galicia, na súa reunión do pasado 11 de febreiro de 2021 e en cumprimento das atribucións que lle confire o artigo 29 dos Estatutos vixentes, acordou convocar ASEMBLEA XERAL ORDINARIA para o vindeiro sábado 20 de marzo de 2021 ás 12:00 horas, de xeito telemático a través da plataforma Zoom (todas as persoas colexiadas recibirán a correspondente ligazón de acceso).

ORDE DO DÍA

  1. Elección para cargos vacantes da Xunta de Goberno.
    1. Escrutinio da votación telemática e anuncio público do resultado.
    2. Proclamación das persoas candidatas electas.
  2. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria do martes 30 de xuño de 2020.
  3. Informe do Presidente sobre a actividade colexial desenvolvida durante o pasado exercicio.
  4. Exame e votación da conta xeral de gastos e ingresos do exercicio 2020.
  5. Informe do plan anual proposto pola Xunta de Goberno do COLEF Galicia para 2021.
  6. Exame e votación das cotas de colexiación, e das súas correspondentes promocións, para o exercicio 2021.
  7. Exame e votación do orzamento aprobado pola Xunta de Goberno para o exercicio 2021.
  8. Lectura, discusión e votación das proposicións presentadas segundo o disposto no artigo 53 dos Estatutos do COLEF Galicia.
  9. Rogos e preguntas.

Aproveitamos para lembrar que:

  • Conforme establece o artigo 53º dos nosos Estatutos,

As persoas colexiadas, quince días antes da celebración da asemblea xeral ordinaria, poderán presentar as proposicións que desexen someter á deliberación e acordo daquela, e deberán ser incluídas estas, pola Xunta de Goberno, no punto da orde do día denominado proposicións.

Estas proposicións deberán aparecer subscritas por un mínimo de dez persoas colexiadas. Ao darse lectura destas proposicións, a Asemblea Xeral acordará se procede ou non abrir a discusión sobre elas.

  • Poderás solicitar a documentación da Asemblea Xeral Ordinaria con anterioridade ao 20 de marzo, en calquera dos contactos do COLEF Galicia que figuran a pé de páxina.

Asdo. Alexandre Fernández Fernández

Secretario do COLEF Galicia

DOCUMENTACIÓN

Convocatoria

Acta 2020

Memoria Técnica e Actividades 2020

Memoria Económica 2020 e Planificación 2021

Propostas á Asamblea 2021