Seleccionar página

A Asemblea Xeral celebrada esta fin de semana na sede administrativa do COLEF Galicia en Santiago, aprobou por unanimidade o plan anual, contas e orzamento do COLEF Galicia. Entre as principais novidades destaca a incorporación de Diego Vilas Casal como coordinador de proxectos. O seu traballo consistirá basicamente na promoción colexial.

A Asemblea Extraordinaria celebrada a continuación aceptou, tamén por unanimidade, a modificación de estatutos, na que mudou o artigo sobre obriga de colexiación. Agora hai que remitilos ao Rexistro de Colexios Profesionais da Xunta de Galicia para continuar cos trámites obrigatorios establecidos.