“O equipo de profesionais da educacón física dirixida a saude que compoñen Axis Therapy está moi satisfeito e entusiasmado polo convenio firmado esta semana co COLEF Galicia.
Dende Axis cremos que este e un paso máis pero moi importante tanto no recoñecemento dos profesionais de Axis coma do traballo que vimos facendo fai maís dunha década dende a nosa entidade no concello de Bueu. Ademais, consolida un compromiso no noso proxecto de cara ao futuro.
Unha aposta pola defensa dos Educadores Físicos e das súas competencias, abogando pola actividade física e o exercicio físico saudable e de calidade e promovendo a mellora da saude integral e da condición física da ciudadanía e da sociedade en xeral, pero sobre todo, das persoas maiores e daquelas pertencentes aos grupos de especial risco padecentes de disfuncións e patoloxías crónicas e agudas.
Estamos seguros de que este acordo será ventaxoso para ambas entidades e repercutirá nun maior prestixio profesional para o noso centro. Un aliciente máis para os usuarios e usuarias das nosas actividades, pero tamén, para aqueles que nun futuro se interesen polos nosos servizos de readaptacion física e de exercicio físico saudable e valoren unha maneira tan fiel de traballar, dende unha perspectiva da readaptacion da postura e da biomecánica corporal, dende o prisma da educación neuromotriz e do valor terapéutico do exercicio por riba do rendimiento físico . Sempre no contexto de grupos moi reducidos, e con profesionais da educación física detrás de cada programa de adestramento.
Sen dubida, este feito confírelle un maior valor aos nosos servizos. Sempre intentando adaptar as nosas disciplinas ás características fisiolóxicas e biolóxicas dos nosos alumnos e alumnas. Buscando a maior especialización e individualización dos programas de exercicios e das actividades de cara a un presente e a un futuro no que cada día, a sociedade, demanda maís esta maneira de traballar con profesionais da actividade física e do deporte máís cualificados e colexiados/as.