
Os días 11 e 12 de decembro estivemos no VI Congreso Internacional de Turismo Deportivo SPORTUR GALICIA 2025, organizado por EXPOURENSE.
Estivemos presentes co noso stand colexial, informando da importancia da existencia dun colexio profesional que loite polos dereitos das persoas graduadas en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, así como dando visibilidade á figura do/a Educador/a Físico-Deportiva/o (EFD).
Dentro do programa de SPORTUR tamén se abordou a temática dos Concellos Activos, destacando que a súa coordinación corresponde exclusivamente ás/os Educadoras/es Físico-Deportivas/os (EFD), como profesionais cualificados para a planificación, desenvolvemento e avaliación de programas de promoción da actividade física e da saúde.
Así mesmo, salientouse a importancia de contar con EFD para a prescrición de exercicio físico, explicando como identificar ás persoas que prestan servizos como Educadoras e Educadores Físico-Deportivos mediante a solicitude do número de colexiación, e atendendo consultas sobre onde poder atopar colexiados e colexiadas especialistas.
Este congreso contou coas ponencias de persoas colexiadas:
Óscar García · #EFD Nº 7.781
Isabel Rodríguez · #EFD Nº 8.321
José Luis Herreros · #EFD Nº 9.201
Iván Clavel · #EFD Nº 52.434
Grazas a Sportur Galicia e a todas as persoas implicadas na organización do Congreso