Seleccionar página

DESTINATARIOS: Persoas colexiadas con dificultades económicas para atender o pago da cota colexial

SOLICITUDE E INFORMACIÓN: https://colefgalicia.com/xerais/#axudas

PRAZO: 15 de novembro de 2021

SOLICITUDE E ENVÍO DOCUMENTACIÓN: colef@colefgalicia.com (con acuse de recibo)

CONVOCATORIA AXUDAS Á COLEXIACIÓN 2021

  1. Obxecto

Determinar o procedemento para a solicitude, concesión e xustificación das axudas á colexiación no ano 2021 mediante a compensación total ou parcial da cota colexial anual, segundo a dispoñibilidade orzamentaria do COLEF Galicia.

  1. Destinatarios: 

Persoas colexiadas con dificultades económicas para atender ao pago da cota colexial.

  1. Orzamento

O COLEF Galicia financiará as axudas con cargo ao seu Orzamento 2021, cunha contía global equivalente ao 0,7% do total, sen prexuízo de poder ser incrementada por decisión xustificada da Xunta de Goberno.

  1. Requisitos das persoas solicitantes

Poderán solicitar estas axudas as persoas colexiadas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Posuír unha antigüidade como membro do COLEF Galicia superior aos 12 meses.
  • Ter percibido ingresos inferiores ao salario mínimo interprofesional nos dez primeiros meses do ano 2021.
  1. Contía da axuda 

A contía da axuda cubrirá a compensación total ou parcial da cota anual como persoa colexiada, en función da condición (exercente / non exercente) e das promocións ás que se acollesen en cada caso.

  1. Forma e prazo de presentación de solicitudes 

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente mediante solicitude directa, acompañada da seguinte documentación adxunta:

  • Declaración responsable na que consten os ingresos totais nos dez primeiros meses do ano 2021.
  • Acreditación da percepción dunha prestación pública (desemprego, RISGA, renda mínima vital, outras) e as cantidades correspondentes, de ser o caso.
  • Nóminas percibidas como traballador por conta allea en 2021, se as houber.
  • Declaración dos tres primeiros trimestres do ano 2021 como traballador autónomo, de ser o caso.

O prazo de presentación rematará o día 15 de novembro de 2021 (incluído).

  1. Órgano de selección

O órgano competente e responsable do proceso será a Xunta de Goberno do COLEF Galicia, que poderá delegar nunha comisión formada por varios dos seus membros, se así o estima conveniente e/ou necesario.

  1. Criterios de selección

A valoración das solicitudes que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria será realizada polo órgano competente en función dos ingresos totais percibidos no ano 2021 e o crédito existente. En consecuencia, terán preferencia as solicitudes daquelas persoas cuxos ingresos sexan menores ata que se esgoten os fondos dispoñibles.

  1. Resolución

A resolución terá o seguinte contido:

  • Listaxe das solicitudes seleccionadas como beneficiarias das axudas.
  • Listaxe de solicitudes denegadas por non reunir os requisitos exixidos nesta convocatoria ou por terse esgotado a asignación orzamentaria ou o seu incremento, de ser o caso.
  1. Pagamento

O aboamento das axudas farase efectivo mediante compensación única e directa na conta bancaria indicada pola persoa colexiada beneficiaria. Nos casos nos que non fora satisfeita aínda a cota colexial anual, procederase á condonación da mesma.

  1. Obrigas das persoas beneficiarias 
  • Seguir as directrices que marcan as bases da convocatoria.
  • Cooperar co COLEF Galicia en cantas actividades de inspección e verificación se leven a cabo, para asegurar a correcta concesión da axuda.
  • Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poida determinar o órgano de selección, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
  • Manter a condición de persoa colexiada na anualidade 2022.
  • Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos de falseamento das condicións requiridas para a obtención das axudas e incumprimento das obrigas anteriores.

LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITUDES RECIBIDAS (XX/XX/2021)

ESTADO:

  • ACEPTADA: Non é preciso enviar ninguna outra documentación para a súa valoración
  • PENDENTE: É preciso enviar a documentación que se detalla para a súa valoración

 

LENDA DOCUMENTACIÓN

  1. Declaración responsable na que consten os ingresos totais nos dez primeiros meses do ano 2020.
  2. Acreditación da percepción dunha prestación pública (desemprego RISGA,renda mínima vital, outras) e as cantidades correspondentes de ser o caso.

(*) Se for preciso soilcitarase outra documentación complementaria.

 

ENVÍO DOCUMENTACIÓN: colef@colefgalicia.com (con acuse de recibo)

 


X