- DESTINATARIOS: Persoas colexiadas con dificultades económicas para atender o pago da cota colexial
- PRAZO: do 21 de novembro ao 5 de decembro
CONVOCATORIA AXUDAS Á COLEXIACIÓN 2023
- Obxecto
Determinar o procedemento para a solicitude, concesión e xustificación das axudas á colexiación no ano 2023 mediante a compensación total ou parcial da cota colexial anual, segundo a dispoñibilidade orzamentaria do COLEF Galicia.
- Destinatarios:
Persoas colexiadas con dificultades económicas para atender ao pago da cota colexial.
- Orzamento
O COLEF Galicia financiará as axudas con cargo ao seu Orzamento 2023, cunha contía global equivalente ao 0,7% do total, sen prexuízo de poder ser incrementada por decisión xustificada da Xunta de Goberno.
- Requisitos das persoas solicitantes
Poderán solicitar estas axudas as persoas colexiadas que cumpran os seguintes requisitos:
- Posuír unha antigüidade como membro do COLEF Galicia superior aos 12 meses.
- Ter percibido ingresos inferiores ao salario mínimo interprofesional nos dez primeiros meses do ano 2023.
- Poderán solicitalas, excepcionalmente, as persoas que teñan ingresos superiores ao salario mínimo interprofesional, sempre que acrediten circunstancias económicas especiais.
- Contía da axuda
A contía da axuda cubrirá a compensación total ou parcial da cota anual como persoa colexiada, en función da condición (exercente / non exercente) e das promocións ás que se acollesen en cada caso.
- Forma e prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente mediante solicitude directa, acompañada da seguinte documentación adxunta:
- Declaración responsable na que consten os ingresos totais nos dez primeiros meses do ano 2023.
- Acreditación da percepción dunha prestación pública (desemprego, RISGA, renda mínima vital, outras) e as cantidades correspondentes, de ser o caso.
- Nóminas percibidas como traballador por conta allea en 2023, se as houber.
- Declaración dos tres primeiros trimestres do ano 2023 como traballador autónomo, de ser o caso.
O prazo de presentación rematará o día 5 de decembro de 2023 (incluído).
- Órgano de selección
O órgano competente e responsable do proceso será a Xunta de Goberno do COLEF Galicia, que poderá delegar nunha comisión formada por varios dos seus membros, se así o estima conveniente e/ou necesario.
- Criterios de selección
A valoración das solicitudes que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria será realizada polo órgano competente en función dos ingresos totais percibidos no ano 2023 e o crédito existente. En consecuencia, terán preferencia as solicitudes daquelas persoas cuxos ingresos sexan menores ata que se esgoten os fondos dispoñibles.
- Resolución
A resolución terá o seguinte contido:
- Listaxe das solicitudes seleccionadas como beneficiarias das axudas.
- Listaxe de solicitudes denegadas por non reunir os requisitos exixidos nesta convocatoria ou por terse esgotado a asignación orzamentaria ou o seu incremento, de ser o caso.
- Pagamento
O aboamento das axudas farase efectivo mediante compensación única e directa na conta bancaria indicada pola persoa colexiada beneficiaria. Nos casos nos que non fora satisfeita aínda a cota colexial anual, procederase á condonación da mesma.
- Obrigas das persoas beneficiarias
- Seguir as directrices que marcan as bases da convocatoria.
- Cooperar co COLEF Galicia en cantas actividades de inspección e verificación se leven a cabo, para asegurar a correcta concesión da axuda.
- Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poida determinar o órgano de selección, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
- Manter a condición de persoa colexiada na anualidade 2024.
- Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos de falseamento das condicións requiridas para a obtención das axudas e incumprimento das obrigas anteriores.
LENDA DOCUMENTACIÓN
- Declaración responsable na que consten os ingresos totais nos dez primeiros meses do ano 2023.
- Acreditación da percepción dunha prestación pública (desemprego RISGA,renda mínima vital, outras) e as cantidades correspondentes de ser o caso.
- Nóminas percibidas como traballador por conta allea en 2023, se as houber.
- Declaración dos tres primeiros trimestres do ano 2023 como traballador autónomo, de ser o caso.
(*) Se for preciso solicitarase outra documentación complementaria.
SOLICITUDE E ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN