Seleccionar página

Becas

Convocatoria Becas

1. Obxecto do convocatoria

O COLEF Galicia promove a concesión de 2 becas de investigación para a realización de 2 estudos monográficos durante 2018 sobre temáticas que afectan á profesión e á cidadanía.

2. Candidatos

A estas becas poderán acceder colexiados/as e estudantes de Grao en CCAFD pre-colexiados.

3. Axudas económicas

BECA A: 1 beca dunha contía máxima de 1.000 € para un estudo sobre o cumprimento en instalacións públicas da Lei do Deporte de Galicia (artigo 83) nas 7 grandes cidades galegas no que se refire á presencia de soportes informativos sobre o profesionais do deporte e a súa cualificación, que cubrirá os gastos de busca de información, desprazamentos e redacción dos documentos necesarios.

BECA B: 1 beca dunha contía máxima de 500 € para un estudo sobre a calidade e legalidade da formación continuada na educación física e o deporte, fundamentalmente aquela que se atopa publicitada a través de internet e confunde ao consumidor sobre o seu carácter oficial e legalidade, e que cubrirá os gastos de busca de información e redacción dos documentos necesarios.

4. Lugar, prazo e forma de presentación de candidaturas

A inscrición realizarase telemáticamente e a documentación irá dirixida por correo electrónico á Xunta de Goberno do COLEF Galicia, na dirección colef@colefgalicia.com, coa referencia “BECAS COLEF GALICIA 2018-19” .

O prazo de inscrición será do 25 de maio ao 30 de xuño de 2018, ambos inclusive.
A documentación necesaria é a seguinte:

Trámite 1: Formulario de datos persoais on-line. Entrar aquí
Trámite 2: Enviar por correo electrónico. Entrar aquí

  • Proxecto de estudo detallado (Anexo 1)
  • Currículum Vitae abreviado (Anexo 2)

5. Comisión de avaliación

A comisión de avaliación estará composta por: 1 presidente (con voto de calidade), 2 vogais e 1 secretario, elixidos por sorteo entre os membros da Xunta de Goberno, todos con voz e con voto. Este órgano quedará facultado para resolver cantas dúbidas e incidencias poidan xurdir no desenvolvemento do proceso selectivo.

6. Criterios de adxudicación

a)Criterios científicos e formais (anexo 1):

  • Tamaño e características da mostra: 20%
  • Metodoloxía de estudo: 20%
  • Tratamento de datos: 15%
  • Temporalización: 10%
  • Fontes bibliográficas actualizadas: 5%

b) Formación e experiencia do candidato (Anexo 2):

  • Formación relacionada (Cursos de especialización…): 10%
  • Experiencia (estudos científicos, participación en equipos de investigación e innovación, premios, becas…): 20%

7. Criterios de adxudicación

A adxudicación realizarase nun prazo máximo de 14 días dende o remate do prazo de inscrición e será publicada na páxina web do COLEF Galicia.

A/O candidata/o mellor valorada/o para cada estudo deberá asinar a aceptación da beca de investigación, coa cesión dos dereitos de publicación ao COLEF Galicia e asemade outras cláusulas legais que correspondan.

8. Criterios de elaboración dos estudos

A data límite de entrega dos estudos será de 4 meses para o estudo sobre o cumprimento en instalacións públicas da Lei do Deporte de Galicia (BECA A) e de 3 meses para o estudo sobre a calidade e legalidade da formación continuada na educación física e o deporte (BECA B). Será preciso remitir os avances do mesmo cada mes. A progresión dos traballos será supervisada por 2 membros da Xunta de Goberno do COLEF Galicia. A entrega do estudo realizarase en formato dixital.

9. Lugar, prazo e forma de presentación de candidaturas

A inscrición, xunto coa documentación preceptiva, serán dirixidas á Xunta de Goberno do COLEF Galicia, presentaranse por correo electrónico á dirección colef@colefgalicia.com, coa referencia “BECAS COLEF GALICIA 2018-19”

10. Resolución

Comunicarase a candidato/a mellor valorado, para a celebración da beca de investigación, coas cláusulas legais que correspondan, quedando disposta unha listaxe de agarda por posibles renuncias.

Santiago de Compostela, a 21 de maio de 2018