Os colexios autonómicos e o Consejo COLEF están a recoller experiencias no campo da actividade física aplicada á saúde para establecer os niveis de boas prácticas neste eido. Trátase dunha ferramenta máis na loita para incorporar aos educadores físico deportivos ou para derivar pacientes aos centros deportivos, ámbalas dúas formas de poñer en práctica a “receita deportiva”. Coas iniciativas que se acheguen realizarase un estudo sobre a situación actual das aplicacións do deporte nos centros sanitarios e sumaranse argumentos en favor da aplicación da “receita deportiva”. Para máis información, consulta aquí