Seleccionar página

Vía Consejo COLEF

Un problema recorrente das e dos educadores físico deportivos autónomos é a que epígrafe do IAE adscribirse. O novo ‘Buscador de actividades e as súas obrigacións tributarias’ da Axencia Estatal de Administración Tributaria soluciona parte deste problema e trae novidades con respecto á interpretación da clasificación que leva vixente desde 1990.

Cando unha ou un educador físico deportivo se dispón a emprender un proxecto, ben baixo o Réxime de Traballadores Autónomos, ben creando unha empresa, terá en conta o Imposto de Actividades Económicas (IAE), que é un tributo directo, obrigado para as actividades empresariais, profesionais e artísticas (Lei 39/1988, de 28 de decembro).

Con todo, especialmente para aquelas persoas que exercen como autónomas calquera das actividades propias da profesión da Educación Física e Deportiva, ás veces é compricado saber cal é o grupo ao que adscribirse.

A clasificación que segue en vigor Real Decreto Lexislativo 1175/1990, de 28 de setembro) está obsoleta e inconexa coa Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) e a Clasificación Nacional de Ocupacións (CNO). Aínda que tampouco estas últimas acertan coa realidade do sector da educación física, a actividade física e o deporte e os seus diferentes subsectores.

Con todo, dado que segue sendo o marco de referencia, debe ser sobre o que as educadoras e educadores físico deportivos, así como as e os profesionais da Xestión Administrativa en quen delegue, encadren as actividades para cumprir coas correspondentes obrigacións tributarias. Por iso, a pesar de que debe atoparse unha solución real de clasificación e integración da profesión no IAE, e tamén no CNO, a nova ferramenta que proporciona a Axencia Estatal de Administración Tributaria pode servir como aproximación informativa a partir dos datos e algoritmos que a institución oficial xera. O Buscador de actividades e as súas obrigas tributarias ofrece información sobre o epígrafe da actividade para desenvolver segundo as Tarifas do IAE e as obrigas tributarias derivadas do seu exercicio, correspondentes ao perfil indicado.

Así pois, no que respecta ás educadoras e educadores físico deportivos, segundo se desprende do “buscador oficial”, Terán que adscribirse ao grupo 826, de persoal docente de ensinos diversos (tales como educación física e deportes, idiomas, mecanografía, preparación de exames e oposicións e similares). Especialistas en preparación física, readaptación físico-deportiva e exercicio físico orientado á saúde, adestramento persoal, entre outros, enmárcanse neste caso. É curioso o caso da preparación física, pois o buscador recóllea no epígrafe 826, aínda que na obsoleta clasificación, cando se refire a preparación física en deporte competitivo institucionalizado, enmárcao nos epígrafe do 042 ao 047, dependendo do deporte no que presten os servizos, fóra de fútbol, que ao parecer só inclúe xogadores e adestradores.

Diferente é o caso daquelas educadoras e educadores físico deportivos especialistas en ensino da Educación Física no sistema formal, cuxos epígrafes serían os seguintes:

  • 821-Persoal docente de Ensinanza Superior.
  • 822-Persoal docente de Ensinanza Media.
  • 823-Persoal docente de Ensinanza Xeral Básica e Preescolar.
  • 824-Profesores de formación profesional.

Tamén en situación de excepcionalidade estarían as educadoras e educadores físico deportivos especialistas en dirección científico-técnica da educación física, a actividade física e o deporte e que actúan como autónomos. Neste caso o buscador non outorga un resultado óptimo, polo que a opción podería ser integrarse no epígrafe 049 de ‘outras actividades relacionadas co deporte non comprendidas noutras partes’.Por outra banda, se a forma en que se desempeña a actividade pode derivar en que esta sexa empresarial, entón a clasificación englóbase nos seguintes epígrafes, probablemente con máis concordancia coa realidade actual:

  • 931.2– Ensinanza de Educación Básica: Educación Primaria e/ou Educación Secundaria Obrigatoria, exclusivamente.
  • 931.3– Ensinanza de Bacharelato, Orientación Universitaria, Formación Profesional e ciclos formativos de Formación Profesional Específica de Grao Medio e Grao Superior, exclusivamente.
  • 931.4– Ensinanza de máis dunha modalidade das recollidas nos epígrafes anteriores.
  • 931.5– Ensinanza de educación superior.
  • 932.1– Ensinanza de formación e perfeccionamiento profesional, non superior.
  • 932.2– Ensinanza de formación e perfeccionamiento profesional superior.
  • 933.9-Outras actividades de ensinanza, tales como idiomas, corte e confección, mecanografía, taquigrafía, preparación de exames e oposicións e similares, N.C.O.P.
  • 967.1-Instalacións deportivas.
  • 967.2-Escolas e servizos de perfeccionamento do deporte.
  • 968.1-Instalacións para a celebración de espectáculos deportivos.
  • 968.2-Organización de espectáculos deportivos en instalación que no sexan de titularidade dos organizadores.
  • 968.3-Organización de espectáculos deportivos por Federacións españolas e de ámbito autonómico e clubes non profesionais.

Ademais de todo o anterior, o alta das actividades económicas tamén implica indicar o epígrafe correspondente á CNAE. «Mentres o IAE é un tributo, un imposto, o CNAE é unha clasificación, un código numérico, sen implicacións fiscais con mero valor estatístico. Non teñen por que coincidir e cada un ten usos diferenciados. O IAE condiciona a forma en que tributarás, co CNAE unifícanse e obteñen datos para conseguir cifras comparables e fiables de todos os países membro da UE» (Mónica Martínez, 2018). Na seguinte ligazón atoparás un conversor de epígrafe do IAE a CNAE e viceversa co poderás axudarche: https://www.iberaval.es/conversor/