Seleccionar páxina

[Vía Consejo COLEF]

Cada curso, miles de docentes de Educación Física converten as súas clases en auténticas leccións de cidadanía. A través da Volta ao Cole, o movemento transfórmase en investigación, a solidariedade adéstrase e a Educación Física demostra, unha vez máis, a súa capacidade para xerar impacto social real. Inscribe o teu centro educativo na Volta ao Cole 2026 e súmate a unha acción colectiva que une Educación Física, ciencia e esperanza. Porque cando o movemento se pon ao servizo da vida, a Educación Física transforma.

Cada inicio de curso, miles de docentes de Educación Física deciden ir un paso máis aló e converter unha sesión de movemento nunha experiencia educativa con impacto real. A súa implicación en iniciativas como A Volta ao Cole de Unoentrecienmil demostra que a Educación Física é moito máis que actividade física: é saúde, é ciencia, é compromiso social e é esperanza para nenas e nenos que loitan contra a leucemia.

Desde o Consejo COLEF e o COLEF Galicia, animamos un ano máis ao persoal docente de Educación Física a inscribir o seu centro educativo na Volta ao Cole 2026 e sumarse a unha acción solidaria que, curso tras curso, está a financiar investigación e transformando vidas.

A Volta ao Cole é unha actividade cooperativa e non competitiva que converte o xesto de correr nunha ferramenta educativa e social. Cada volta do alumnado tradúcese simbolicamente en minutos de investigación contra a leucemia infantil, permitindo traballar de forma vivencial valores como a solidariedade, a empatía, o compromiso e a cidadanía activa.

A iniciativa está pensada para o contexto escolar e para a Educación Física: é sinxela de organizar, flexible en datas e accesible para todo o alumnado. A doazón é voluntaria e ninguén queda fóra por non achegar economicamente, reforzando o seu carácter inclusivo e educativo.

Un dos trazos que fan especialmente valiosa esta iniciativa é a súa aposta decidida pola investigación científica. Os fondos recadados a través da Volta ao Cole destínanse integramente a proxectos de investigación contra a leucemia infantil, algúns deles co exercicio físico como elemento central, nos que participan referentes de Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

O Consejo COLEF e o COLEF Galicia apoia A Volta ao Cole desde hai anos polo seu alto valor educativo, social e científico. Miles de profesionais da Educación Física xa integraron esta acción nos seus centros, demostrando que o movemento tamén pode ser unha forma de coidar, de investigar e de xerar impacto máis aló da aula.

Sumarse á Volta ao Cole é, tamén, un xeito de visibilizar ante a comunidade educativa e a sociedade o papel da Educación Física como materia comprometida coa saúde, a investigación e o benestar colectivo.

A inscrición é sinxela e está pensada para facilitar a participación dos centros:

  • Rexistro do centro educativo a través da plataforma oficial de Unoentrecienmil (https://avueltaalcolesolidaria.org/)
  • Recepción de materiais gratuítos: dorsais, diplomas e recursos didácticos (https://avueltaalcole.com/material-didactico/)
  • Flexibilidade de datas: aínda que existe unha data de referencia en outubro, a carreira pode celebrarse noutro momento se o centro o necesita.

Toda a información e o proceso de inscrición están dispoñibles na web oficial da iniciativa.