Servizos Activos
Peritaxe de probas físicas de acceso a policía local.
- Lugar: Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
- Datas: 23, 24 e 25 de marzo de 2021 (*pendente de confirmar)
- Xornada: Completa (*pendente de concretar horario).
- Reunión previa obrigatoria: 18 de marzo (*pendente de concretar horario).
Precísanse persoas colexiadas que poidan participar como peritos e tamén persoas precolexiadas/estudantes CCAFD para informar e acompañar aos aspirantes.
Criterios prelación peritos
- Colexiación (exercente)
- Experiencia en peritaxes para o colexio
- Integrante da Guía de Peritos Xudiciais
- Dispoñibilidade
- Proximidade de residencia
Criterios prelación acompañantes
- Colexiación
- Precolexiación
- Alumnado CCAFD
- Dispoñibilidade
- Proximidade de residencia
* O COLEF Galicia organizará o xantar de cada día, certificará as funcións e compensará económicamente as tarefas a realizar (acompañamento/peritaxe).
Catálogo de Servizos
O COLEF Galicia dispón de recursos propios e dunha rede de colaboradores para a realización dos seguintes servizos para entidades públicas autonómicas (consellerías), provinciais (deputacións) e locais (concellos, mancomunidades); e privadas (federacións, fundacións, clubes, asociacións, empresas, particulares…)
Cursos de formación
Emocións e deporte
Avaliación da condición física
Actividades físicas para persoas maiores
Hábitos saudables e exercicio físico para todas as idades
Formación en primeiros auxilios e desfibrilación (DESA)
Novos métodos de adestramento e preparación física
Conferencias e campañas de sensibilización
O deporte na muller
Os valores que transmite o deporte
Actividade física para mellora da calidade de vida
Estudos de viabilidade e asesoramento
Instalacións deportivas en proxecto ou en uso
Escolas deportivas (creación, organización…)
Pregos para prazas, concursos, proxectos, eventos deportivos
Probas deportivas (aspectos de seguridade, normativa…)
Calidade nos servizos deportivos
Disposición de xuíces e xurados
Probas deportivas e oposicións:
Policía local
Bombeiros
Prácticos de porto
Disposición de peritos xudiciais
Procesos xurídicos
Asesoría

Solicitude de Servizos
