Seleccionar página

A Comisión Europea celebrará entre o 23 e o 30 de setembro a 4ª edición da Semana Europea do Deporte (SED), co obxectivo de promover a través de diferentes iniciativas o deporte e a actividade física en toda Europa. En España, é o Consejo Superior de Deportes o encargado da coordinación dun programa que se desenvolve co selo oficial #beactive. Para facer un seguemento establécese unha plataforma de rexistro para inscribir os eventos deportivos. Ademais, convócanse tres categorías de premios #Beactive, ao mellor centro educativo, ao heroe local e ao mellor lugar para traballar desde o punto de vista das iniciativas para mellorar a actividade física. Cada modalidade está dotada con 5.000 € e as candidaturas pódense enviar ainfosed@csd.gob.esata o 15 de xullo. + info aquí.