Día da Educación Física na Rúa 2025 | 10 de abril
O 10 de abril de 2025 celebramos o Día da Educación Física na Rúa (DEFR), unha cita anual que continúa visibilizando o valor da actividade física para combater o sedentarismo e reivindicar máis horas de Educación Física para nenos, nenas, familias e toda a sociedade.
Nesta edición, a temática estivo centrada na inclusividade, destacando o papel da Educación Física como ferramenta integradora e accesible para todas e todos.
En Galicia participaron 59 centros educativos e máis de 8.600 alumnos e alumnas de primaria e secundaria, facendo deste un día de celebración, aprendizaxe e convivencia.
Queremos agradecer a todos os docentes implicados/as, aos concellos, Protección Civil, Policía Local e a todas as persoas e entidades colaboradoras que fixeron posible esta xornada.
Desde o COLEF Galicia, queremos destacar especialmente:
- A actividade celebrada en Ourense, no Parque de San Lázaro, organizada polo Colexio Maristas a través dos colexiados Pablo Suárez (#58572) e Roberto Baltar (#10185), coa participación de ASPANAS, reforzando a mensaxe inclusiva do DEFR 2025.
- A colaboración do Grupo Jim Sports, que, a través da súa fundación, fixo un donativo de camisetas e material deportivo, como ben facendo dende xa hai anos.
- A participación de ANEDIA (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes en Galicia), representada por Estíbaliz de forma presencial, coa entrega de material informativo a cada centro participante.
Porque a Educación Física é moito máis que un só día, fagamos que todos os días sexan DEFR.
Por unha sociedade máis activa, inclusiva e saudable!