CELEBRADA A ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DE XEITO TELEMÁTICO – 30/06/2020
Xuñ 30, 2020

Celebrada a Asamblea Xeral Ordinaria que estaba prevista para o mes de marzo e que foi aprazada pola situación provocada pola crise sanitaria.
Desta volta realizouse de xeito telemático, aprobáronse todos os puntos do día, tanto as actas de asambleas anteriores coma o orzamentos, cotas e plan anual.
O Presidente, Henrique Xoán Rodríguez quixo agradecer aos/ás presentes e a toda a colexiación a participación e o traballo que sempre, pero de xeito máis destacado durante estes últimos meses, están a realizar, que son un exemplo do bo facer profesional e un verdadeiro valor social. Animou a seguir traballando do mesmo xeito e a trasladar ao Colexio todas aquelas ideas e propostas que poidan ser beneficiosas para os profesionais colexiados e a sociedade en xeral.


Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na nosa páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a nosa páxina web, entenderase que este deu o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información a este respecto consultando nosa Política de Cookies.Configuración das cookiesRexeitar Aceptar Política de cookies