Seleccionar páxina

O pasado 11 de xullo celebrouse a Xunta de Goberno do COLEF Galicia na sede colexial en Santiago de Compostela. Durante a sesión abordáronse diferentes asuntos de especial relevancia para a actividade do Colexio, entre eles cuestións relacionadas coa actualidade colexial, a defensa da profesión, a planificación de accións formativas, o impulso de novas iniciativas en prol da profesión e a análise das distintas solicitudes e propostas recibidas pola entidade. 

A Xunta de Goberno continúa traballando para defender os intereses da colexiación, promover o recoñecemento da profesión e impulsar actuacións que contribúan á mellora e ao fortalecemento da Educación Física e Deportiva en Galicia.