Seleccionar página

A “Asamblea Nacional de Estudiantes de Ciencias de la Actividad Física y del Deporte de España” Anecafyde celebrouse dende mércores 2 ata o domingo 6 de abril na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física #INEFGalicia da Universidade da Coruña , contando co apoio técnico e económico do #COLEFGalicia

Ao acto inaugural asistiron tanto o presidente do Colexio Henrique Xoán Rodríguez como o presidente do Consejo COLEF Vicente Gambau que, xunto ao Decano da Facultade, a vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade da #UDC e o alcalde do Concello de Oleiros , deron a benvida ás máis de 80 asamblearias/os que acudiron a Bastiagueiro dende toda a xeografía do estado; animándoos a aproveitar ao máximo estes días de traballo en beneficio do seu futuro e da profesión #EFD

Carlos González, presidente de Anecafyde e Anxo Lens, presidente da Asociación de Estudantes da Facultade, agradeceron o apoio recibido e introduciron a xornada inaugural, na que todos os asistentes puideron desfrutar das comunicacións inspiradoras de referentes profesionais da Educación Física e Deportiva en Galicia como Carlos Lalín (8.695), Ivan Clavel (52.434) ou Alexis Padrón (56.869)

+INFORMACIÓN Vía [ANECAFYDE]