Seleccionar páxina

[Vía AGAXEDE]

O pasado 11 de setembro, celebrouse na sede de Nordés Club Empresarial da Coruña o Foro Permanente de Colaboración Público-Privada no marco dos Servizos Deportivos, un espazo de encontro e debate entre representantes do sector público e privado co obxectivo de mellorar os procesos de licitación e contratación de servizos deportivos en España.

O proxecto, cofinanciado polo Consello Superior de Deportes (CSD) e coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a Federación de Asociacións de Xestión do Deporte de España (FAGDE) e as súas asociacións territoriais, así como do Consello COLEF, busca promover un modelo de colaboración máis transparente, eficiente e equitativo na xestión do deporte.

Durante a xornada analizáronse os procesos de contratación pública no ámbito deportivo e compartíronse propostas de mellora orientadas a optimizar os recursos, fomentar a competencia e garantir a igualdade de oportunidades no acceso á xestión de servizos deportivos.

O programa incluíu a recepción de participantes, a benvida institucional a cargo de AGAXEDE e AEESDAP, a presentación dun informe de partida elaborado por AEESDAP, e dúas mesas redondas de debate que culminaron coa presentación de conclusións.

Participación destacada

O foro contou coa presenza de representantes de institucións, administracións, federacións e empresas, entre elas:

  • Juan Bautista Suárez Ramos, Viceinterventor da Deputación da Coruña.
  • Iván Caravel San Emeterio, Xerente da Fundación Deporte Galego. #EFD Nº 52.434.
  • Manuel Moya, Coordinador de Deportes da UDC.
  • Javier Fernández López, Técnico de Deportes de Baiona.
  • Elena Roca, Técnica de Deportes do Concello de Mesía. #EFD Nº 57.445.
  • Pedro Iglesias Santos, Presidente da Agrupación industrial da Industria do Deporte Galego e Benestar.  #EFD Nº 9.227
  • Sofía Toro, Xerente da Agrupación industrial da Industria do Deporte e Benestar.
  • Roberto Ramos Piñeiro, CEO de BeOne.  #EFD Nº 9.746 
  • Rafael Alberto Varela Pastrana, Presidente de Apelación da RFGF.
  • Manolo Planas, Presidente da Federación Galega de Boxeo.
  • Fátima Santalla Fernández, Mais que Auga.
  • Pablo Tenreiro, Local Sports Center Management.
  • Eduardo Blanco Pereira, Presidente de AGAXEDE. #EFD Nº 3.310
  • Cristian Florin Gavril, Coordinador de AGAXEDE.
  • Yago Monteoliva Rodríguez, Xerente de AEESDAP.
  • Diego Vilas Casal, Xerente COLEF Galicia. #EFD Nº 56.399
  • Vicente Gambau i Pinasa, Presidente do Consello COLEF. #EFD Nº 8.916.