No Gran Canaria Arena, do 7 ao 11 de maio de 2025, celébraronse conxuntamente:
– 11ª Xornada InterCOLEF
– 104º Pleno Ordinario do Consejo COLEF
– Congreso Estatal PAEF 2025, co lema: “Plans de prescrición de actividade e exercicio físico: un modelo de saúde en movemento”
Intensas xornadas de traballo no 104° Pleno do Consejo COLEF a pasada fin de semana en Gran Canaria, coa participación dos representantes do COLEF Galicia.
Nesta cita crave abordáronse, entre outros temas, o estado do proceso de ordenación profesional, marcando a estratexia da Organización Colexial ante a futura lei estatal. Tamén se trato o balance económico de 2024, o informe sobre adestramento persoal, a Memoria Anual e as propostas dos Colexios autonómicos.
O Pleno reafirma o compromiso cunha gobernanza colexial sólida, participativa e en defensa da profesión.
O noso xerente, Diego Vilas, estivo na 11ª Xornada InterCOLEF, o encontro anual que reúne aos equipos profesionais dos COLEF autonómicos e do Consejo COLEF
Cun programa centrado na regulación profesional, a Educación Física escolar, a prescrición de exercicio físico e a eficiencia organizativa, o InterCOLEF consolídase como un espazo estratéxico para o fortalecemento do sistema colexial.
Dende o COLEF Galicia estamos moi orgullosos de ter participado, neste evento de máxima relevancia para a nosa profesión:
Estes encontros non só fortalecen a cohesión entre colexios profesionais, senón que visibilizan o papel esencial das/os profesionais da Educación Física e Deportiva (EFD) na saúde pública, na prevención de enfermidades e na promoción de estilos de vida saudables.
A presenza de entidades públicas e profesionais de todo o Estado confirma que a EFD é recoñecida socialmente como unha ferramenta chave para o benestar da cidadanía. É un paso firme cara ao recoñecemento pleno da nosa labor nos sistemas sociosanitarios e educativos.
Agradecemos a todas as persoas e entidades que fan posible este espazo de encontro e reflexión. Dende o COLEF Galicia, seguimos a traballar para que a nosa profesión: EFD , sexa unha peza imprescindible e recoñecida polos entes sociais.
Agradecemos ao COLEF Canarias todo o esforzo, traballo e ilusión realizado para que todo fora ben. Un gran traballo e labor dun gran equipo profesional xunto á Xunta de Goberno. Grazas por todo o esforzo.
“Agradecemos al COLEF Canarias todo el esfuerzo, trabajo e ilusión realizado para que todo saliera bien. Un gran trabajo y labor de un gran equipo profesional junto a la Junta de Gobierno. Gracias por todo el esfuerzo.“