Seleccionar página

Membros dos diferentes COLEF autonómicos déronse cita na Cidade da Coruña entre os días 22 e 24 de abril para a celebración do 96º Pleno do Consejo COLEF, como primeira cita presencial sen máscara desde que se iniciara a pandemia pola covid-19.

O venres 22 de abril ás 17:00 h, o Concelleiro de Relacións Institucionais, D. Juan Borrego, e o Director de Turismo de A Coruña, D. Moisés Jorge, recibiron á Delegación Colexial no Palacio Municipal de María Pita, e realizaron unha visita guiada ao edificio e ás súas dependencias.

O grupo faría unha foto colectiva ao pé da Escaleira Real, reservada ás visitas importantes que recibe a Cidade, un detalle de agradecer.

Logo da recepción institucional, a delegación colegial disfrutou dunha visita guiada polo casco antigo da cidade, praza de María Pita, Igrexa de Santiago, praza de Azcárraga, etc. Moitas grazas a Chus pola súa amena exposición. A xornada finalizaría con outra visita, desta volta ao MEGA, o recentemente inaugurado Museo da Cerveza de Estrella Galicia, un verdadeiro descubrimento para todos que deixou bo sabor de boca, especialmente logo de ter recibido as leccións de como “tirar ben unha boa caña”.

O sábado 23, o Reitor da Universidade da Coruña, D. Julio Abalde, e a Concelleira de Deportes de A Coruña, Dª Mónica Martínez, estiveron presentes na Sala de Xuntas do Reitorado da UDC, no Edificio da Maestranza, no Acto de Inauguración do Pleno, onde tamén interviron os Presidentes do Consejo COLEF, D. Vicente Gambau, e o Presidente do COLEF Galicia, D. Henrique Xoán Rodríguez.

Durante as xornadas todos os asistentes e invitados plenarios puideron facerse unha foto de familia no Paraninfo da Universidade, un espazo que máis alá das grandes cortinas do fondo da sala, esconde unha das mellores vistas da costa da cidade da Coruña.

Durante a xornada do sábado expuxéronse diferentes documentos internos e xurídicos que reflicten o gran traballo que se ten feito desde o último Pleno e nos que están postas moitas esperanzas nos vindeiros meses. A última xornada, o domingo 23 adicouse a valorar as diferentes propostas dos colexios autonómicos e xa pola tarde, os que puideron, tamén a disfrutar dunha fermosa tarde de turismo pola cidade.