Fin de semana de intenso traballo en Logroño, no 99° pleno do Consejo COLEF.
Os días 4 e 5 de novembro os membros do pleno, que representan ós COLEF das diferentes comunidades autónomas, xuntáronse na Rioja para tratar os diferentes temas que están na actualidade da profesión, como as normativas de interese profesional, procesos xudiciais, os presupostos para o ano 2024 e as propostas que cada colexio autonómico presentou.
Asemade, tamén se rendiu homenaxe aos pioneiros que impulsaron a formación de colexios autonómicos hai 40 anos: La Rioja, Cantabria, Navarra e Galicia.
Agradecemos o recoñecemento recibido dende Consejo COLEF polos 40 anos da nosa existencia e dende o COLEF Galicia seguiremos mellorando cada día para que a nosa profesión siga medrando para todas/os as Educadores/as Físico Deportivas/os.