Seleccionar páxina

O CONSEJO COLEF EXAMINA O ESCENARIO QUE CONDICIONA O FUTURO DA PROFESIÓN NO SEU108º PLENO

Participación activa do COLEF Galicia no 108º Pleno do Consejo COLEF en Guadalajara

O COLEF Galicia participou de maneira activa no 108º Pleno Ordinario do Consejo COLEF, celebrado en Guadalajara, un encontro no que se abordaron cuestións clave para o presente e o futuro da nosa profesión. A nosa representación contribuíu aos debates sobre a necesaria regulación profesional, a defensa das competencias propias das persoas tituladas en CAFyD e a protección da cidadanía mediante un exercicio profesional de calidade.

Queremos expresar o noso agradecemento aos compañeiros e compañeiras do COLEF Castilla-La Mancha, pola excelente acollida, o acompañamento constante e o coidado na organización dun pleno tan relevante.

O encontro puxo de manifesto, unha vez máis, o valor da participación de todos os COLEF autonómicos, que continúan a aportar ideas, propostas e esforzo colectivo para o crecemento da profesión. Entre todos e todas seguimos a construír un camiño común cara a unha regulación sólida, coherente e necesaria, que garanta a defensa da profesión e o recoñecemento social das e dos Educadores Físico Deportivos.

Desde o COLEF Galicia reafirmamos o noso compromiso con este obxectivo compartido e co traballo conxunto que fortalece a nosa organización profesional.