Máis de 40 anos protexendo e impulsando a nosa profesión, sempre da man das persoas colexiadas que lle dan sentido ao noso labor.
Desde 1983, o COLEF Galicia mantén un compromiso firme: garantir que a Educación Física e a Actividade Física e Deportiva sexan sinónimo de calidade, seguridade e profesionalidade. Hoxe, ese compromiso é máis necesario ca nunca.
43 anos despois, seguimos facendo equipo
A forza da nosa profesión non reside só na normativa ou no recoñecemento institucional, senón nas persoas que a exercen cada día con rigor, ética e vocación.
Por iso, neste aniversario queremos poñer en valor algo fundamental: somos un colectivo forte porque somos un equipo unido de Educadoras e Educadores Físico-Deportivos que defenden o seu traballo, a súa identidade e o seu valor social.
Profesión visible, profesión respectada
Facemos un chamamento a todas as persoas colexiadas (EFD) para que continúen facendo visible o seu número colexial en todos os espazos profesionais: comunicacións, web, redes sociais, actividades, proxectos e servizos.
Este xesto sinxelo reforza a transparencia, a confianza e o prestixio da profesión.
Ao mesmo tempo, animamos á cidadanía a solicitar sempre o número colexial cando contraten servizos relacionados coa actividade física, a saúde, o rendemento, docencia e xestión Só así poden garantir que están en mans de profesionais cualificados, colexiados e sometidos a normas éticas e legais.
43 anos construíndo futuro
Grazas a todas as persoas que formades parte desta historia e que, día a día, facedes que a profesión avance.
Seguiremos traballando con compromiso, rigor e proximidade, acompañando ao colectivo e defendendo o lugar que lle corresponde á nosa profesión na sociedade.
Porque cando facemos equipo, a profesión medra, avanza e gaña forza. Porque xuntas e xuntos, somos máis fortes.