Data: 10 de maio de 2025
Lugar: Concello de Soutomaior
Idades participantes: de 3 a 16 anos
Dende o Concello de Soutomaior están a organizar unha nova edición da Gladiator Kids Solidaria, unha carreira de obstáculos dirixida á infancia e mocidade coa finalidade de promover estilos de vida saudables, valores como a solidariedade e a superación persoal, e apoiar á asociación Bicos de Papel, en favor das crianzas oncolóxicas do CHUVI.
O evento conta cun carácter solidario, e para garantir unha xornada segura, educativa e motivadora, fan un chamamento á colaboración altruísta da colexiación a través das súas entidades e colectivos vinculados á actividade física e a saúde.
Se es colexiado/a no COLEF Galicia ou formas parte dunha entidade interesada, podes colaborar mediante:
✔ Apoio técnico e dinamización de circuítos de obstáculos
✔ Obradoiros de actividade física, xogos motrices ou saúde postural
✔ Actividades de sensibilización sobre a importancia do exercicio na saúde infantil
✔ Outras accións relacionadas cos estilos de vida saudable
Se coñeces profesionais ou entidades interesadas en participar con colexiados/as, ou ti mesmo/a queres sumarte a esta iniciativa solidaria, ponte en contacto co Concello de Soutomaior. A través do seguinte teléfono 986700964 ou no correo electrónico deportes@soutomaior.gal
A participación de profesionais colexiados/as e entidades do ámbito da saúde e o exercicio físico reforza a mensaxe do evento e ofrece un valor engadido a todas as familias asistentes.
Unímonos por unha infancia máis activa, saudable e solidaria!