Seleccionar páxina

COLEF Galicia renova o convenio de colaboración con Banco Sabadell para seguir ofrecendo vantaxes ao colectivo profesional.

O Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia) vén de renovar o seu convenio de colaboración con Banco Sabadell, reafirmando así a vontade compartida de manter unha relación estable que repercuta positivamente nas persoas colexiadas.

Este acordo permite que os e as profesionais da educación física e das ciencias da actividade física e do deporte en Galicia poidan acceder a condicións financeiras ventaxosas adaptadas ás súas necesidades, tanto a nivel persoal como profesional.

Desde o COLEF Galicia valoramos especialmente a continuidade desta colaboración, que contribúe a reforzar o noso compromiso de ofrecer servizos e recursos que melloren o día a día do colectivo, favorecendo tamén o desenvolvemento e a consolidación da nosa profesión.

A renovación deste convenio pon de manifesto a confianza mutua entre COLEF Galicia e Banco Sabadell, así como a importancia de tecer alianzas que aporten valor engadido e oportunidades ao conxunto da nosa comunidade profesional.