Seleccionar página

Concello de Meaño

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA A FORMACION DUNHA BOLSA DE CONTRATACIÓN NA CATEGORÍA DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES FÍSICO DEPORTIVAS. ACORDO DE SUSPENSION DO PROCESO SELECTIVO.
Expte: 753/2021

Por resolución da Alcaldía de 3 de setembro de 2021 aprobáronse as bases reguladoras do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para realizar con carácter laboral temporal as funcións de Monitor/a de actividades físico deportivas do Concello de Meaño, publicándose anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 178 de 15 de setembro de 2021.
Por resolución da Alcaldía de 27 de setembro de 2021 acordouse aprobar a lista de aspirantes admitidos e excluídos, nomear os membros do tribunal cualificador, convocar ao tribunal cualificador para a súa constitución, así como aos aspirantes admitidos/as a este proceso selectivo e ao tribunal para a celebración do primeiro exercicio o día 1 de outubro de 2021.

Con data 30 de setembro de 2021 o Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia ( COLEF) presenta, no rexistro do Concello de Meaño ( nº rexistro 2021- E-RE-1326) recurso de reposición fronte ás bases reguladoras do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para realizar con carácter laboral temporal as funcións de Monitor/a de actividades físico deportivas do Concello de Meaño.
Visto o recurso interposto, e en aras a garantir a seguridade xurídica do proceso selectivo, esta Alcaldía, en uso das facultades que lle confire o artigo 41.14 do R.D. 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e o artigo 61 da Lei 5/97, do 22 de xuño, de Administración Local de Galicia, RESOLVE:

Primeiro.- Suspender, ate a resolución do recurso interposto polo Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deportes de Galicia, o proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para realizar con carácter laboral temporal as funcións de Monitor/a de actividades físico deportivas do Concello de Meaño, convocado por anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 178 de 15 de setembro de 2021.

Segundo.- Publicar esta resolución no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web do Concello de Meaño.

Terceiro.- Notificar esta resolución ao Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deportes de Galicia ( COLEF).

Mandao e asinao o Sr. Alcalde Carlos Vieitez Fernández, en Meaño, ante min a secretaria-interventora Mª Teresa Escudero Barral, que dou fe.