Seleccionar página

Mónica Solana-Tramunt, profesora de Ciencias del Deporte da FPCEE Blanquerna, da Universidade Ramón Llull e fisioterapeuta, será a encargada de pronunciar a lección inaugural do curso na Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da Universidade da Coruña. Está prevista para o vindeiro 4 de outubro, ás 19.30 horas, no edificio da Fundación ONCE, con entrada libre. O tema que abordará será o Traballo en equipo no deporte de rendemento: roles e competencias profesionais para o éxito deportivo.

A profesora Solana-Tramunt é docente de varios mestrados da Universidade Católica de Valencia, a Universidade Ramón Llull e a Universidade de Sevilla e é responsable da área de fisioterapia e prevención de lesións da Federación Española de Natación.