Seleccionar página
Quixéramos recordar que o 6 de abril se celebrará o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz, promovido pola Organización de Nacións Unidas. Asemade, na mesma data, conmemórase o Día Mundial da Actividade Física, promovido pola Organización Mundial da Saúde; e seguidamente, o 7 de abril, o Día Mundial da Saúde, impulsado pola mesma entidade.Estes tres eventos veñen a reforzar a concienciación internacional que existe e o forte vínculo entre o exercicio físico e a saúde, que realizado correctamente, ofrece importantes beneficios para a saúde de toda a poboación.En concreto, o Día Mundial da Actividade Física vense celebrando desde 2002, e cada ano vanse unindo novos países e creando novas iniciativas e eventos deportivos. Os seus obxectivos son:·         Promover a actividade física e a saúde a través dun movimiento anual.·         Difundir os beneficios de 30 minutos de actividade física moderada diaria.·         Estimular a creación de redes para a promoción da actividade física.·         Animar e divulgar enfoques innovadores para a promoción da AF e a saúde.·         Compartir boas prácticas, estratexias e programas. Son moitos os beneficios para a saúde do exercicio físico regular (mellorar a condición física, controlar o peso, reducir o risco de enfermedades cardiacas, cáncer e outras patoloxías, controlar o nivel de insulina e glucosa sanguínea, mellorar a saúde mental e o estado de ánimo, reducir as caídas, aumentar a participación social, axudar a durmir mellor, etc.), pero sempre tendo en conta a importancia de realizalo baixo a supervisión de educadoras/es físico deportivos cualificados. 
7 DE ABRIL – DIA MUNDIAL DA SAUDESe onte se celebrou o Día Mundial da Actividade Física, hoxe celébrase o Día Mundial da Saúde, ámbolos dous promovidos pola OMS. Estas dúas conmemoracións, son tamén moi próximas no seu obxectivo: mellorar a saúde de toda a poboación, desde hai moitas décadas coñecida, e que nos últimos anos foi corroborada pormoitas investigacións sobre os múltiples beneficios para a saúde da práctica regular e correcta de exercicio físico. Tamén se coñeceron diversos estudos que demostraron o grandísimo aforro no gasto sanitario coa práctica de exercicio regular, sobre todo nalgunhas patoloxías.É por iso que resulta un pouco estraño que o exercicio físico supervisado por educadoras/es físico-deportivas/os non estea incluído no sistema sanitario galego, cando hai outras comunidades autónomas que contan con plans específicos de exercicio físico dentro da atención sanitaria, o que supón, ademais do aforro no gasto sanitario, unha mellora na calidade de vida da poboación.O COLEF Galicia quere animar a toda a poboación galega a que manteña un estilo de vida saudable, levando unha alimentación saudable e realicen exercicio físico adecuado ás súas posibilidades, conseguindo así unha maior calidade de vida e unha vida máis feliz. Podes obter máis info aquí: NdP1 – NdP2 – NdP3 – NdP4