Seleccionar página

 

O Concello de Lalín acaba de anular a praza de programador-monitor que estaba convocada logo de que o COLEF Galicia reclamase a irregularidade de facelo sen titulación nen funcións. Alédanos esta decisión da corporación municipal lalinense que está a valorar as mellores opcións.

Asemade tamén se ven de enviar hoxe mesmo advertencia ao Concello de S. Cibrao pola súa intención de convocar posto de traballo de Coordinador de Instalacións Deportivas sen a titulación necesaria, que para esta praza o COLEF Galicia entende que ten que ter perfil de Licenciado/Graduado en CCAFD.