Seleccionar página

Os representantes do grupo de Educación Física do COLEF Galicia seguen a reunirse para avanzar nas propostas de cara ao novo curso escolar. Desta volta acordaron traballar para establecer as pautas de adaptación dos documentos para unha EF na nova normalidade á realidade da nosa Comunidade Autónoma.

Nas vindeiras semanas desenvolverán documentación sobre a organización xeral da materia, así como as estratexias metodolóxicas a ter en conta en función dos espazos e os materiais.