Seleccionar página

Os 40 colexios profesionais que forman parte da Unión Profesional de Galicia -entre eles o COLEF Galicia– e a Asociación Galega de Auditores Sociolaborais colaboran coa Xunta nunha campaña orientada a previr o acoso sexual nos centros de traballo. Segundo a Oficina Internacional do Traballo (OIT), entre un 40 e un 50% das mulleres teñen denunciado algunha forma de acoso sexual no seu labor profesional. Entre outras medidas, distribuiranse 35.000 trípticos informativos que inciden en que o acoso é delito e en que as vítimas nunca se deben sentir responsables. +info


X