Dende o COLEF Galicia temos anunciamos que a través do convenio de colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), un acordo que reforza o compromiso compartido coa formación de calidade no ámbito da actividade física e deportiva, a nosa colexiación poderá acceder ás novas accións formativas da RFGF para o curso 2025-2026, ampliando así as oportunidades de actualización profesional e especialización nun sector en constante evolución.
A través de este convenio a colexiación ten:
- Acceso ás formacións da RFGF para o curso 2025-2026 coas vantaxas do convenio
- Un paso máis na cooperación entre entidades comprometidas coa profesionalización do deporte en Galicia.
Dende o COLEF Galicia agradecemos á RFGF a súa disposición para traballar conxuntamente en beneficio da profesión e da calidade dos servizos deportivos e de preparación física.
Seguimos a sumar alianzas que fortalecen o noso labor e que impulsan o recoñecemento da nosa profesión.